Brión aproba por unanimidade a adhesión ao programa de promoción “Área Santiago”

0

Brión, 19 de outubro do 2017 – O pleno municipal de Brión aprobou por unanimidade a adhesión do Concello de Brión ao programa de promoción turística “Área Santiago”.

En Ärea Santiago actualmente participan dezaseis municipios do interior de Galicia (A Estrada, Arzúa, Boqueixón, Lalín, Melide, O Pino, Oroso, Padrón, Rois, Santiago de Compostela, Silleda, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces). O programa traballa na promoción turística conxunta desta zona dende o ano 2013 e o concello estará representado polo alcalde, José Luís García, e pola tenente de alcalde, Yolanda Bouzas.

O pleno municipal autorizou a sinatura do convenio de colaboración, polo cal o Concello de Brión fará unha achega de 1.766 euros.

Ordenanzas fiscais

A unanimidade caracterizou a sesión, xa que todos os acordos foron tomado co apoio dos catro grupos municipais. Así, o pleno acordou a actualización das ordenanzas fiscais reguladoras do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (que pasa do 1,18 ao 1,19), da taxa por actividades e servizos relacionados coa hixiene urbana (que medra un 3% para vivendas e 5% para o resto. Isto supón que unha vivenda que pagaba algo máis de 88 euros, agora pagará 90,7 euros), da taxa pola subministración de auga (que se actualiza de acordo co IPC interanual: 1,6%) e da taxa pola utilización privativa da vía pública para facilitar entrada a garaxes particulares. Desta última, o secretario municipal indicou que é practicamente unha ordenanza nova, xa que se levaba sen actualizar dende 1978 e aínda estaba en pesetas.

Así mesmo, o pleno tomou coñecemento do período medio de pagos do terceiro trimestre do 2017: -10,45, o que significa que o Concello de Brión abona as facturas nun prazo de 20 días despois da súa entrada. Finalmente, o pleno acordou declarar non utilizables e, polo tanto, excluílos do Inventario Municipal de Bens, unha maquinaria obsoleta e que non está a ser empregada. Trátase dun camión para canteira, unha pala cargadora, un pisón, un pisón grande e unha furgoneta por un valor total de 5.250 euros que se atopan nunha situación de deterioro e onde se procederá á súa venda.

Pazo de Meirás

Finalmente, antes do inicio da sesión, os voceiros dos catro grupos municipais (PSOE, PP, BNG e concelleiro non adscrito) acordaron unha moción conxunta para pedir a devolución do Pazo de Meirás. Así acordaron integrarse na Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás para o patrimonio público, rexeitar a xestión por parte da Fundación Franco do programa de visitas e apoiar a demanda do Concello de Sada de que sexa este municipio quen as xestiones, ao tempo que condenan por apoloxía do franquismo as declaracións realizadas polo voceiro da Fundación.

O pleno de Brión tamén instará a todos os grupos políticos nas Cortes Xerais a que modifiquen a Lei de Fundacións para impedir a legalidade de fundacións que fagan apoloxía do franquismo e instar aos parlamentarios de Galicia a aprobar unha Lei Galega de Memoria Histórica. Así mesmo, o pleno brionés apoia a realización dun estudio sobre o espolio e a apropiación do Pazo de Meirás por parte da familia Franco.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies