займ срочно

Brión completa o tramo de beirarrúas diante dos centros educactivos de Pedrouzos

0

Brión, 12 de febreiro do 2020 – O Concello de Brión vén de construír un tramo de 100 metros de beirarrúas no Paseo de Pedrouzos, diante do IES Brión e do CEIP de Pedrouzos.

A obra de Pedrouzos foi acometida pola brigada municipal e estará rematada esta mesma semana. Pablo Lago, primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, explica que se trata “dun tramo pequeno, de apenas cen metros de lonxitude, pero tamén dunha obra moi reclamada nos últimos anos polos pais e nais de Brión, ao estar situada en fronte do instituto e do colexio”.

Brión completa o tramo de beirarrúas diante dos centros educactivos de PedrouzosEste tramo do Paseo de Pedrouzos quedou sen beirarrúas debido á negativa do propietario dos terreos a ceder o espazo necesario. Tampouco era posible recorrer á súa expropiación, xa que a seguridade viaria estaba garantida ao existir outro tramo de beirarrúas do outro lado da calzada.

A finais de 2019, a devandita parcela cambiou de persoa propietaria, polo que o Concello de Brión contactou con ela, recibindo nesta ocasión a autorización precisa. “Tan pronto tivemos as autorizacións precisas, demos cumprimento ao compromiso adquirido polo alcalde nunha recente sesión plenaria e acometemos esta pequena obra que mellorará a contorna do Paseo de Pedrouzos e aumentará a seguridade viaria dos peóns, sobre todo dos nenos e nenas que estudan no instituto e no colexio”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies