Adxudicada a mellora do alumeado público nos Ánxeles e Brión

0

Brión, 21 de outubro do 2019 – O Concello de Brión vén de adxudicar a renovación do alumeado público e mellora da eficiencia enerxética nas parroquias dos Ánxeles e Brión.

O investimento na mellora do alumeado público ascende a un total de 181.009,95 euros. A actuación sustituirá 173 luminarias da avenida de Santa Minia, dos Ánxeles e do Tremo (ata o límite co Concello de Ames) por outras tantas de tecnoloxía LED que permitirán un aforro de 99.302 kWh/ano.

cambio de alumeado público en BriónO alcalde de Brión, José Luís García, explica que esta actuación “únese ao proxecto de renovación do alumeado público da parroquia de Boullón e permitirán cambiar as farolas da avenida de Santa Minia ata o cruce dos Ánxeles e dende este cruce ata O Tremo e o límite con Ames”. García destaca que “ademais de mellorar a eficiencia enerxética da instalación, as novas luminarias serán máis estreitas cas actuais, polo que melloraremos tamén a mobilidade dos peóns, sobre todo daquelas persoas que leven carriños de bebé ou se movan en cadeiras de rodas”.

Actuacións

 As obras, que teñen un prazo de execución máximo de 10 meses, inclúen a substitución das 173 luminarias tipo “Fernandina” instaladas ao longo das estradas AC-543 Santiago-Noia e AC-451 Os Ánxeles-Brión. O alumeado actual será substituído por outro de alta eficiencia tipo LED, que permitirá unha diminución do consumo eléctrico e unha mellora da eficiencia enerxética da instalación.

O cambio suporá tamén a substitución dos apoios existentes, xa que non teñen a altura suficiente para cumprir cos parámetros lumínicos requiridos e proporcionar unha uniformidade axeitada, polo que as novas luminarias terán unha altura de 6 metros. Así mesmo, procederase á reforma completa dos cadros de mando e protección, á substitución dos equipos actuais de acendido por reloxos astronómicos e á substitución dos tramos de cableado eléctrico soterrado. Todas estas actuacións permitirán diminuír ata nun 60% o fluxo emitido, mantendo os niveis de alumeado necesarios de acordo co Real Decreto 1890/2008.

Para a realización destes investimentos, o Concello de Brión conta cunha achega do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio para a Transición Ecolóxica, aprobada o pasado 21 de maio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial