Brión adquire un canón de ozono portátil para limpeza e desinfección

0

Brión, 13 de abril do 2020 –  O Concello de Brión ven de adquirir un canón de ozono portátil, que será empregado polo Grupo de Emerxencias Supramunicipal para a realización de traballos de limpeza e desinfección de interiores, vehículos e superficies.

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), o ozono é o desinfectante máis eficiente para todo tipo de microorganismos, incluíndo os Coronavirus como o COVID-19.

O alcalde de Brión, José Luís García, explica que “é unha medida preventiva máis que tomamos desde o Concello de Brión para evitar a propagación do COVID-19 e que se suma ás limpezas e desinfeccións manuais que se están a facer a diario nos contedores do lixo e nos lugares de maior afluencia de persoas, así como aos traballos de desinfección co tractor nas 106 aldeas do municipio. Unha vez superemos esta crise sanitaria, o canón de ozono será tamén de moita utilidade para o persoal do GES”.

O novo canón de ozono será empregado para a limpeza e desinfección dos vehículos, equipos e locais do persoal que está na primeira liña da loita contra o COVID-19 como o propio Grupo de Emerxencias Supramunicipal, Policía Local, Garda Civil e Centro de Saúde. Tamén poderá ser empregado para a limpeza e desinfección dos distintos edificios e instalacións municipais antes da súa reapertura ao público cando se levante o actual estado de alarma.

O ozono, ademais de ter propiedades desodorizantes, non xera ningún tipo de residuo químico durante o seu proceso de desinfección, polo que é unha solución eficiente e ecolóxica para a eliminación de contaminantes patóxenos do aire, auga, superficies, maquinaria, complexos téxtiles de protección, interior de vehículos, accesorios e interior de habitacións.

Unha vez superada a actual crise sanitaria do COVID-19, o canón de ozono seguirá sendo utilizado polo GES de Brión para a limpeza e desinfección dos seus equipos, que están expostos a numerosos contaminantes físicos e químicos ao longo do seu traballo diario en incendios urbanos e forestais, accidentes de tráfico, rescates… Este novo equipo mellorará a súa calidade de vida ao eliminar a contaminación diaria que acumulan nos seus vehículos e equipos de traballo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial