Brión celebra un Festival de Reis con Belén Vivente

0

Brión, 4 de xaneiro do 2019 – O Concello de Brión celebrará este sábado 5 de xaneiro, a partir das 17:00 horas, un gran Festival de Reis con Belén Vivente no polideportivo municipal de Pedrouzos.

A festa de Reis de Brión agarda a participación de entre 600 ou 700 persoas. O Festival de comezará coa chegada dos Magos de Oriente, que serán recibidos pola corporación municipal presidida polo alcalde José Luís García.

Tras facer unha ofrenda no Belén Vivinte, todos os pequenos e pequenas do municipio terán a oportunidade de falar con Melchor, Gaspar e Baltasar, lembrarlles as súas cartas coas peticións para esa noite e levar un agasallo e unhas larpeiradas.

O Belén Vivente contará con distintos animais (vacas, burros, ovellas, cabras…) traídos para a ocasión por veciños e veciñas de Brión que colaboran no evento. Canda eles haberá tamén unha representación de artesáns e oficios tradicionais, así como dous postos que repartirán chocolate, rosca e flocos de millo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial