Brión cede a carpa do GES para o estudo sobre o Coronavirus

0

Brión, 24 de abril do 2020 – O Concello de Brión cede a carpa do posto de mando avanzado do GES para o estudo epidemiolóxico de seroprevalencia do Coronavirus Covid-19.

 

A carpa está xa instalada instalada no aparcamento do centro de saúde brionés e será desinfectada a diario co canón de ozono, para previr o Coronavirus, e permitirá incluso realizar as probas sen ter que baixar do vehículo.

Brión cede a carpa do GES para o estudo sobre o CoronavirusO Centro de saúde comezará a chamar de forma aleatoria a uns 160 veciños e veciñas para a realización da proba. O alcalde de Brión, José Luís García, explica que “dende o centro de saúde nos pediron a nosa colaboración para buscar unhas instalacións onde poder realizar estas probas dunha forma segura e cómoda, tanto para os facultativos como para a veciñanza, polo que optamos por cederlles o posto de mando avanzado que compramos no seu día para Protección Civil e que permitirá incluso que as probas poidan facerse sen que o veciño ou veciña teñan que baixar do coche”.

Así mesmo, o Concello utilizará o recentemente comprado canón de ozono portátil para garantir a limpeza e desinfección diaria destas instalacións. “A través do persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal estamos limpando e desinfectando todos os días a contorna do centro de saúde de Brión o que, unido á desinfección adicional que faremos co canón de ozono no posto de mando avanzado, permiten garantir a seguridade dos veciños e veciñas que sexan chamados a realizar estas probas”, apunta José Luís García.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial