Brión pon en marcha o concurso fotográfico #briónquedanacasa

0

Brión, 2 de abril do 2020 –  O Concello de Brión vén de convocar o concurso fotográfico #briónquedanacasa para recoller as imaxes do Brión que os veciños e veciñas vén dende as súas fiestras, balcóns, xardíns ou hortas.

O prazo para participar estará aberto ata o 29 de maio e entre todas as persoas que participen sortearanse 3 lotes de libros.Para tomar parte no concurso só é preciso colgar unha fotografía no Facebook da persoa participante co cancelo #briónquedanacasa e etiquetar nela ao Concello de Brión @concellodebrion.

Poderanse colgar tantas fotos como se desexe, indicando na descrición da mesma o lugar onde está sacada e o autor ou autora da mesma. Non entrarán a concurso as imaxes que inclúan persoas identificables, contidos sexistas ou que danen a sensibilidade das persoas.

Brión pon en marcha o concurso fotográfico #briónquedanacasaCumpleanos para os cvativos

Outra medida para paliar este tempo de corentena chega dende o Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión, que se ofrece para darlle unha sorpresa a todos os nenos e nenas do municipio no día do seu aniversario. Así, calquera veciño ou veciña que teña un neno ou nena de aniversario nos próximos días pode solicitar este agasallo no Concello de Brión, ben no teléfono 981 88 70 06 ou do mail concello@concellodebrion.org.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial