Brión consigue remanente de tesourería de 4,4 millóns de euros

0

Brión, 16 de maio do 2019 –  A unanimidade presidiu a que podería ser a derradeira sesión plenaria desta lexislatura en Brión. Os concelleiros aprobaron tanto as actas da sesión anterior como un recoñecemento extraxudicial de crédito por 49.125,78 euros. O goberno presentou ademais unha contas cun remanente de tesourería de máis de 4 millóns de euros.

O recoñecemento extraxudicial irá destinado a o pago de facturas por servizos prestados en 2017 e 2018 pero que se presentaron entre febreiro e abril de 2019. En canto a liquidación do Orzamento de 2018, péchase cun resultado orzamentario de 1.722.829,25 euros e un remanente de tesourería para gastos xerais de 4.423.482,04 euros, cun período medio de pago de 0,85 días e cumprindo tanto os principios de estabilidade orzamentaria, como a regra de gasto.

O alcalde de Brión, José Luís García, asegura que “estamos ante uns resultados que demostran a boa xestión realizada en Brión, pois son máis de seis millóns de euros, case un orzamento completo que agora imos poder empregar, toda vez que o actual executivo central puxo fin ao despropósito do señor Montoro. Agora poderemos empregar eses cartos en obras e servizos que melloren a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.

García tamén agradeceu o labor de todos os concelleiros presentes na que, salvo cuestión extraordinaria, será a derradeira sesión plenaria desta lexislatura. Un agradecemento que fixo de xeito especial a todos os concelleiros que non repetirán despois do 26 de maio, xa que non concorren ás eleccións municipais, algúns deles con varias décadas de servizo pola veciñanza.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial