Brión creará un Consello Escolar Municipal

0

Brión, 23 de maio do 2018 – O alcalde de Brión, José Luís García, vén de comunicarlle aos representantes das ANPAS das escolas infantís dos Ánxeles e da Luaña, do CEIP de Pedrouzos e do IES de Brión que o Concello de Brión creará o solicitado Consello Escolar Municipal.

Neste sentido, García asegura que “o Concello comprométese a traballar na confección do regulamento preciso para a creación do Consello Escolar Municipal de Brión e darlle traslado deses traballos a todas as asociacións que promoven a súa creación para que nos comuniquen calquera aspecto que permita mellorar a súa redacción e o funcionamento futuro do Consello Escolar”.

Unha aceptación que xa lles foi transmitida aos representantes das ANPAS, na que se lles informa de que, de acordo co disposto na Lei 3/1986 de Consellos Escolares de Galicia, o Pleno do Concello de Brión deberá aprobar un regulamento que recolla, entre outros aspectos, a creación do propio Consello Escolar, o seu funcionamento, os procedementos de elección dos seus membros… así como dar constancia á Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Un procedemento que podería levar o seu tempo xa que hai que ter en conta a problemática que xurdirá a finais deste mesmo ano cando o director do Colexio de Pedrouzos, un dos membros do Consello Escolar, se xubile. “Non resulta moi convinte iniciar a constitución dun Consello Escolar cando un dos seus membros vai xubilarse porque, para garantir a eficacia deste Consello é necesario que o seu mandato teña unha duración no tempo o máis longa posible”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies