Curso de horta ecolóxica en Brión

0

Brión, 14 de xullo do 2020 – O concello de Brión organiza un curso de horta ecolóxica e cultivo de froita, que terá lugar todos os luns de agosto, setembro e outubro

O horario será de 18:00 a 22:00 horas e comezará o día 3 de agosto. O curso de Brión mpartirase na aula de formación de Monte Balado e que se estenderá ata finais do mes de outubro.

O prezo da formación é de 50 euros e para participar é necesario anotarse no teléfono 981 50 99 08 ou a través do mail www.concellodebrion.gal. As sesións teóricas terán lugar na aula de formación do espazo de traballo colaborativo “Transformando en Brión”, posto en marcha o pasado mes de decembro polo Concello en colaboración coa Deputación da Coruña e o GDR Terras de Compostela. As sesións prácticas terán lugar nunha finca municipal na aldea de Saíme.

O curso inclúe sete sesións formativas: abonado e preparación da terra; deseño e planificación da horta; plantas para coidar na horta; plantación en terra e en bancais; pragas, enfermidades e remedios; rego e instalación; e coidados da horta ao longo das estacións. Será impartido pola UNED Senior a través dun convenio de colaboración asinado co Concello de Brión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial