займ срочно

Brión convoca cursos de inglés de iniciación, medio e avanzado

0

Brión, 2 de febreiro do 2018 – O Concello de Brión vén de presentar a súa oferta formativa para o próximo trimestre, que inclúe cursos de inglés dos niveis iniciación, medio e avanzado que terán lugar entre febreiro e abril de 2018.

Uns cursos que teñen en común que se celebrarán no centro social polivalente, terán un custe de 90 euros por todo o trimestre e que están dirixidos a grupos reducidos, de tan só catro alumnos/as por sesión.

As inscricións están abertas na Casa da Cultura de Brión, no mail empregobrion@gmail.com ou no teléfono 981 509 908 ata unha semana antes do inicio de cada curso. A admisión realizarase por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Brión.

En canto aos horarios, as clases de Inglés A2 (iniciación) terán lugar os luns e xoves, de 21:00 a 22:00 horas. As sesións de Inglés B1 (medio) serán os luns e mércores, de 20:00 a 21:00 horas. Finalmente, as clases de Inglés B2 (avanzado) terán lugar os martes e xoves, de 20:00 a 21:00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies