займ срочно

Cursos de piragüismo en Brión

0

Brión, 10 de xullo do 2020 – O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, en colaboración co Concello de Brión, convoca uns cursos de piragüismo para rapaces e rapazas de entre 8 e 18 anos, que terán lugar durante os meses de xullo e agosto nas instalacións municipais de Ponte Insúa (parroquia de Ons).

Para participar non é preciso ter coñecementos previos deste deporte, tan só é obrigatorio saber nadar e facer unha ficha federativa coa inscrición. A cota de inscrición é, precisamente, o pago da correspondente licenza federativa, segundo a idade do participante. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura de Brión ou no teléfono 981 88 70 08.

As clases terán lugar todos os venres de xullo e agosto, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Os participantes repartiranse en grupos de acordo á súa idade: júnior, cadete, infantil, alevín e benxamín.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies