Por en valor as Torres de Altamira en Brión

0

Brión, 25 de setembro do 2019 – Acondicionar, dar novos usos e poñer en valor son os principais obxectivos da Deputación da Coruña para as Torres de Altamira en Brión.

O conxunto patrimonial das Torres de Altamira data do século IX e foi construído sobre as ruínas dun antigo castro. A súa historia a contábamos en Lindeiros hai catro anos. A Deputación da Coruña mercou a propiedade en 1973 iniciando obras de limpeza e consolidación dos restos da fortaleza da que hoxe só fican en pé restos da muralla e da base dunha das torres ademais dalgunhas ventás con arcos da reconstrución de 1471.

reunión acondicionamento torres de altamiraAgora o deputado de Contratación e Patrimonio, Xosé Lois  Penas ven de reunirse no concello co alcalde de Brión, José Luís García, para estudar como acondicionar o lugar para posteriormente darlle novos usos.

“Neste momento iniciamos o estudo das posibilidades por parte de persoal técnico para estudar o alcance e a natureza da actuación que, ao noso ben, ten que pasar pola mellora do ben patrimonial, do entorno, da súa posta en valor e tamén do acondicionamento para posíbeis novos usos”, sinalou o deputado Xosé Lois Penas do que considerou un “ben de especial relevancia en toda a comarca sobre o que hai moitas posibilidades para mellorar a súa situación e as posibilidades de conservación e difusión, en especial, coa poboación da propia comarca mais tamén como atractivo para o turismo do concello”, sinalou o deputado.

Neste sentido, insistiu na coincidencia co concello de Brión , na “necesidade de actuar de forma decidida no coidado do patrimonio, en especial, dun ben como as Torres de Altamira de especial interese histórico e artístico polo que traballaremos conxuntamente na dirección de mellorar o estado da fortaleza que pode ser un extraordinario escenario para actuacións ao aire libre se se acondiciona neste sentido”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial