займ срочно

Comeza a mellora das Torres de Altamira en Brión

0

Brión, 8 de marzo do 2021 – A área de Patrimonio da Deputación da Coruña, que dirixe o deputado Xosé Luís Penas,  ven de iniciar as actuacións nas Torres de Altamira, no concello de Brión.

A actuación en Brión da inicio ao proxecto de recuperación do monumento histórico para convertelo en referencia cultural da comarca da Maía. Na seguinte fase, utilizaranse drons e tecnoloxía Líder para o mapeo cartográfico da zona.

O deputado Xosé Luís Penas xunto co arquitecto Mario Crecente e o arqueólogo Luís Francisco López, da empresa Terra Arqueos, supervisaron nas Torres de Altamira os primeiros traballos que se desenvolven. Os traballos seguen as directrices do Plan Director do monumento que ten como obxectivo a recuperación e posta en valor do espazo histórico.

 “Queremos que, despois de rematar a actuación prevista, as Torres de Altamira sexan unha referencia cultural na comarca da Maía, en consonancia coa relevancia histórica do sitio en episodios fundamentais do pasado deste territorio”, explicou o deputado Xosé Luís Penas.

Esta primeira fase dos traballos contemplan a realización de catas e tomas de mostras arqueolóxicas dentro das propias Torres e tamén na súa contorna. Posteriormente desenvolveranse traballos de análise dos que se derivarán futuras actuacións de recuperación e estabilización.

Despois deste primeiro conxunto de accións, os dróns e a tecnoloxía LIDER comezarán a actuar sobre o monumento e a súa contorna para, xunto coa información obtida a través de pulses e puntos láser, obter a información necesaria que permita un mapeo cartográfico total da zona patrimonial.

Limpeza da contorna

Xunto cos traballos de carácter técnico e especializado, as primeiras actuacións incluíron a limpeza da zona e eliminación de obstáculos visuais, nunha acción integral que permitirá non só o traballo no ámbito patrimonial e arqueolóxico senón tamén no paisaxístico.

“Con estes traballos as Torres de Altamira dan o primeiro de moitos pasos para conseguir voltar a ter toda a importancia histórico cultural na comarca da Maía e en todo o país”, explica o deputado, Xosé Luís Penas.

Entre os proxectos da Deputación da Coruña arredor do monumento atópase a conmemoración dunha festa histórica sobre a batalla de  Altamira que estaba prevista no ano 2020 pero que tivo que ser adiada pola pandemia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies