займ срочно

Destrozos no parque infantil de Monte Devesa en Brión

0

Brión, 22 de outubro do 2017 –  O Concello de Brión denunciou ante a Garda Civil os destrozos causados no parque infantil da urbanización Monte Devesa (Os Ánxeles) acaecidos na madrugada do xoves a venres.

destrozos parque infantil Monte DevesaA falta de cuantificar polo miúdo os danos causados, a peor parte levárona os novos xogos infantís instalados este mesmo ano polo Concello de Brión xa que un deles quedou literalmente partido pola metade e tamén se aprecian desperfectos no novo pavimento continuo de caucho.

As forzas de seguridade informaron ao Concello de que xa están a realizando as pesquisas precisas e que mesmo teñen unha pista para tratar de dar cos culpables. Así mesmo confirmaron que reforzarán a vixianza, xa que este non é o primeiro episodio destas características que se produce nas últimas semanas nun parque infantil.

destrozos parque infantil Monte DevesaDende o Concello de Brión esperan que os culpables destes destrozos poidan ser identificados canto antes e lembran que hai unhas semanas tiveron lugar uns sucesos semellantes moi preto do lugar, concretamente no parque infantil da urbanización Agro Novo. O Concello de Brión investira a finais de 20016 un total de 22.000 euros en melloras nos parques infantís de Monte Devesa e Gándara.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies