Os Encontros coa Arte 2020 de Brión serán na rede

0

Brión, 23 de xuño do 2020 – A edición número quince dos Encontros coa Arte de Brión será a primeira que se celebra unicamente en Redes Sociais xa que as xornadas presenciais canceláronse pola crise do Covid19.

 

A concelleira de Cultura de Brión, Sandy Cebral, explica que aínda así non quixeron deixar de celebrar os encontros “renunciar á cultura non é unha opción para nós, empregando as novas tecnoloxías durante os próximos días iremos compartindo nas redes sociais algúns dos traballos realizados e enviados estes días polos artistas e amigos que habitualmente participan nos Encontros coa Arte”.

Os Encontros coa Arte 2020 de Brión serán na rede

José Antonio Regidor

A día de hoxe, o Concello de Brión xa recibiu tres vídeos dos acuarelistas José Galarzo (Valencia) e Jose Antonio Regidor (Segovia), así como da pintora venezolana Yolanda Carbajales Ferreiro; ademais de acuarelas do propio José Antonio Regidor ou de Enrique Ochotorena (Donostia). Ao longo da semana seguiranse publicando as distintas achegas recibidas.

Os Encontros coa Arte 2020 de Brión serán na redeEncontros coa Arte

Dende hai 14 anos, o Departamento de Cultura do Concello de Brión organiza os Encontros coa Arte, unha actividade que se ten convertido nun gran referente da arte en Galicia. Uns encontros onde pintores, fotógrafos, escultores, músicos e poetas, procedentes de distintos puntos do Estado, participan nunhas xornadas de creación e convivencia artística.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial