займ срочно

Brión, 19 de xuño do 2015 – O alcalde de Brión, José Luís García, inaugurou o venres unha mostra de pintura composta polas 36 obras doadas ao Concello de Brión polos artistas participantes no “X Encontro coa arte: lembrando a Manuel María”, celebrado en 2015. Unha selección de pinturas que poderá visitarse libremente na sala municipal de exposicións de Brión ata mediados de xullo.

O pintor Xosé Vázquez Castro, comisario desta exposición e do “XII Encontro coa arte, lembrando a Carlos Casares” agradeceu a colaboración do Concello de Brión nestes eventos culturais pois “hai que conservar a cultura, que é o que asenta un pobo. Sen cultura, medraremos na ignorancia”. Así mesmo, agradeceu aos artistas “a xenerosidade ao doar unhas obras que pasan a formar parte da pinacoteca do Concello de Brión, unha colección que xa pasa das cincocentas obras”.

 

Un punto no que coincidiu o coordinador dos Encontros e desta exposición, Alberto Álvarez, quen apuntou que “esas obras forman parte do patrimonio artístico que Brión atesoura, un legado do Concello de Brión aos seus veciños”. E é que, como asegurou Vázquez Castro, “doce anos dan para moito e configuramos unha familia de artista que, a principios de cada mes de xuño, converten a Brión no centro neurálxico para os artistas e os amantes das artes plásticas”.

 

Finalmente, o alcalde brionés foi o encargado de dar a benvida aos artistas participantes nos XII Encontros coa Arte e de inaugurar a exposición dos Encontros de 2015. Aos primeiros citoulles un artigo de Carlos Casares sobre a literatura e o oficio de escritor, para dicirlles que “estou convencido de que vós sodes eses mestres dos que falaba Casares. E dende aquí convido á veciñanza a que faga caso do que dicía o mestre ourensán e participe nas actividades que organizamos nestes Encontros coa Arte, que teña ese contacto convosco para aprender de todos vós”.

 

Os XI Encontros coa Arte celebráronse ao longo de toda a fin de semana en espazos como o Río Pego e a Carballeira de Santa Minia e marcados polas altas temperaturas, os pintores traballaron intensamente nas primeiras horas e resgardándose do sol a partir do mediodía.

O Domingo a cita foi na Carballeira de santa Minia da que este vídeo é unha pequena mostra

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies