займ срочно

Alcaldes. Brión, José Luís García

0

Retomamos as entrevistas presenciais despois da pandemia e o facemos en Brión. O alcalde, José Luís García, comezou hai un ano a undécima lexislatura sen pensar que sería probablemente a máis complexa.

Alcaldes. Brión, José Luís GarcíaNon se pode negar que Brión tiña as tarefas feitas e foi capaz de axudar á veciñanza, algo que se sigue a facer. O rexedor é pesimista, non entende que non se poda usar o remanente de tesourería (herdanza da lei Montoro que agora se quere derogar) e moito menos que os concellos non sexan os principais beneficiarios das axudas europeas cando foron a primeira liña de axuda. O que mellor describe a súa primeira resposta é incerteza

Ese pecho que supón o non poder usar o remanente de tesourería vese agravado pola regra de gasto, un pequeno desvío supón a elaboración dun informe de estabilidade e unha complicación engadida a unha situación xa de por si difícil. O que non seu día serviu para “levar ao rego” a moitos concellos agora transformouse nun obstáculo moi serio no momento de axudar aos máis desfavorecidos

Alcaldes. Brión, José Luís GarcíaO concello de Brión é punteiro a hora de buscar saídas no eido local. Varios produtores locais uníronse ao proxecto municipal que busca por en valor e comercial produtos agrogandeiros. Desde o concello dáselles formación e apoio e agora trátase xa de conseguir un local para a venda directa. A maior novidade, non existente en toda España, será a posta en marcha dun matadoiro móbil que permitirá comercializar animais con todas as garantías sanitarias, algo do que se beneficiarán os criadores pero tamén os restaurantes, as tendas, etc,. A iniciativa mesmo está sendo copiada pola Consellería de Medio Rural que busca implantala de xeito máis xenérico. Trátase dunha práctica moi estendida en Europa e que pode supor un gran cambio para a bisbarra

A necesidade de illamento social supuxo un impulso ao turismo rural. Ademais prodúcese unha circunstancia curiosa, xente que vive en pisos busca casas, mesmo abandonadas, para poder instalar unha piscina ou facer pequenas reunións. Hai posibilidades e hai que aproveitalas

Seguindo co turismo a oferta de Brión a nivel cultural pasaba este ano pola celebración dunha nova festa histórica nas Torres de Altamira. A crise do Covid19 fixo que se deixara para o vindeiro ano no que se cumpre o 550 aniversario da Batalla de Altamira. Pero ademais Brión traballo con outros concellos na oficialización do Camiño de Santiago pola ría de Muros Noia

Alcaldes. Brión, José Luís GarcíaA gran festa do concello, Santa Minia, non será posible se non hai un cambio moi significativo na crise sanitaria. Levar máis actividades ás parroquias será un xeito de compensar unha perda tan importante

Pese a todo Brión sempre ten proxectos de mellora enriba da mesa, na actualidade a cesión dun tramo da estrada Noia Santiago. Pero, como o alcalde di a prioridade é que a xente teña a axuda que precise

José Luís García atesoura máis de 40 anos de experiencia no eido local, unha boa parte deles fora dos grandes partidos como edil independente. Das súas verbas dedúcese que a crise non terminou e que, por desgraza, os concellos seguen sendo a primeira axuda dos veciños pero os que máis tardan en recibir os recursos. Esta crise o que deixou claro, e iso o saberá cada un en función de onde vive, e que concellos están ben xestionados e cales precisan unha voltiña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies