Brión garante a continuidade e mellora do Grupo de Emerxencias ata o 2021

0

Brión, 21 de febreiro do 2019 – Unanimidade no pleno de Brión para aprobar a adhesión do concello ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e as Deputacións Provinciais en materia de emerxencias e prevención e defensa contra lumes forestais, que permitirá o desenvolvemento do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES).

O alcalde de Brión, José Luís García, explica que “deste modo mantemos o Grupo de Emerxencias, un servizo público que vén facendo un importante traballo a prol do benestar da nosa veciñanza dende 2013 e garantimos a súa continuidade ata o 31 de decembro de 2021, ademais de prorrogar por ese tempo os contratos dos profesionais que prestan este servizo”.

O consenso a tónica xeral da sesión

A unanimidade foi tamén a tónica xeral dos asuntos tratados. O Pleno aprobou as adecuacións realizadas nos textos do convenio colectivo do persoal laboral e no acordo regulador das condicións de emprego do persoal funcionario ao servizo do Concello de Brión, tras a súa presentación á Consellería de Emprego “Viñeron correccións ao documento acordado na Mesa de Negociación pero trasladámosllas e o pasado 31 de xaneiro aprobáronse . Por iso, agradecemos que o persoal laboral, o funcionariado e os sindicatos o aprobaran por unanimidade”, apuntou José Luís García.

Finalmente, o pleno aprobou dous recoñecementos extraordinarios de crédito, de 4.984,45 e 99.036,34 euros, destinado a abonar facturas por servizos prestados. O primeiro deles, de 4.984,45, correspóndese cunhas facturas de subministro eléctrico en Fonteparedes, Vilariño e Coruxido correspondentes ao ano 2016 pero que non se presentaron ata o 13 de decembro de 2018. O segundo correspóndese con facturas de subministro de enerxía eléctrica e prestación de servizos correspondentes ao mes de decembro de 2018.

Escola infantil

Tras dar conta do cumprimento dos principios de estabilidade e regra de gasto, así como dun período medio de pago de 0,85, o pleno aprobou unha moción de urxencia para modificar a ordenanza fiscal da escola infantil municipal, que se actualizará nun 2,3% de acordo ao IPC de xuño.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial