займ срочно

Os fortes ventos tiran con catro árbores en Ames e Brión

0

Brión, 22 de xaneiro do 2020 – O GES de Brión retirou nas últimas 48 horas ata catro árbores derrubadas polo vento en estradas do concello e do veciño de Ames.

Os refachos de vento dos últimos días, xunto coa borrasca Brendan da semana pasada, provocaron a caída de estas catro árbores nun intervalo de cinco horas.

Os fortes ventos tiran con catro árbores en Ames e BriónA incidencia máis grave tivo lugar ás 18:40 horas do luns na estrada de Gándara a Bastavales, onde unha gran árbore caeu sobre o tendido eléctrico e mesmo afectou a parte dun muro da zona. Para a súa retirada foi precisa tamén a colaboración dos Bombeiros de Santa Comba. Previamente, ás 17:20 horas, retirouse outra gran árbore caída a carón da avenida de Santa Minia, á altura do parque municipal de Pedrouzos, e que impedía o acceso ás vivendas da zona.

Finalmente, durante primeiras horas da tarde recolléronse  outras dúas árbores caídas na estrada de Vilanova a Vidaloiso (14:00 horas) e na entrada ao polígono industrial do Milladoiro (Ames) ás 15:30 horas.

Os fortes ventos tiran con catro árbores en Ames e Brión

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies