займ срочно

Brión edita unha Guía de Linguaxe non Sexista

0

Brión, 24 de novembro do 2017 – O Concello de Brión vén de editar unha Guía de Linguaxe non Sexista, unha das iniciativas contempladas no III Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres do Concello de Brión, vixente entre o 2016 e o 2019.

Unha guía de linguaxe especialmente dirixida ao funcionariado e persoal laboral do Concello de Brión pero que tamén se compartiu coa veciñanza do municipio a través da revista municipal “Altamira”.

A concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero, explica que “unha linguaxe sexista é aquela que é correcta dende o punto de vista gramatical pero que fai visible aos dous sexos, fomentando unha visión do mundo que inclúe a mulleres e homes en igualdade. Non é unha cuestión de ser politicamente correcto, senón dunha cuestión de igualdade e xustiza social”.

Neste sentido, a guía de linguaxe recolle consellos prácticos para facer visible ao 50% da poboación, sexa home ou muller e evitar ambigüidades á hora de falar ou escribir. “Así evitaremos asignar unha profesión a un sexo. Por exemplo, é moi común escoitar: os médicos e as enfermeiras do hospital. Seica non hai ningunha doutora ou ningún enfermeiro neste centro? A fórmula correcta sería: O persoal médico e de enfermaría do hospital”, exemplifica Rosa Romero.

Ferramentas

A guía recolle un glosario de termos non sexistas, unha guía de cargos e profesións e un apartado especialmente dirixido ao emprego dunha linguaxe administrativa non sexista. Así mesmo, aconsella e exemplifica tres ferramentas principais para utilizar unha linguaxe non sexista:

1- Utilizar xenéricos. No día a día abusamos do xénero masculino para referirnos a unha colectividade cando o noso idioma recolle termos xenéricos totalmente válidos. Exemplos: o alumnado (en vez de alumnos), a veciñanza (en vez de os veciños)..

2- Usar desdobramentos. Na escrita se pode optar polo dobre emprego de nomes con forma feminina e masculina. Exemplo: “os rapaces fixeron..” (MAL) fronte “as rapazas e os rapaces fixeron…” (BEN). Esta opción non obriga a usar máis palabras. Exemplo: “Os traballadores e as traballadoras” pode substituirse por “a clase traballadora” ou por “as e os traballadores”. Ademais, se aconsella alternar o feminino e o masculino para non colocar sempre un xénero antes co outro. O que semella algo inocente non é tal, xa que se cita primeiro o máis importante.

3- Empregar as barras (/) como última opción. A escrita ofreces tamén a posibilidade de usar a barra para visibilizar ambos xéneros: empregado/a, usuaria/o, do/a titular… O costume do whatsapp e das redes sociais de utilizar a arroba (@) para referirnos a ambos xéneros non é  aconsellable xa que non é un signo lingüístico que se poida pronunciar, polo que non é válido para a linguaxe oral.

O III Plan para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes está promovido e coordinado polo Concello de Brión, conta co financiamento da Deputación da Coruña e foi realizado pola empresa Edesga Igualdade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies