Brión acollerá a mostra Imarxinacións, do artista local Fran Lareo

0

Brión, 3 de abril do 2018 – A sala municipal de exposicións do Concello de Brión acolle esta semana a primeira mostra da temporada con Imarxinacións, unha exposición do artista local Fran Lareo.

Imarxinacións será inaugurada este venres 6 de abril, ás 20:30 horas, polo alcalde de Brión, José Luís García, quen estará acompañado polo escritor Alfredo Conde e o propio artista. A mostra poderá visitarse do 6 ao 20 de abril na sala municipal de exposicións. Inclúe tres esculturas iniciais en pedra e outras 50 esculturas en miniatura en madeira con pirograbado sobre carballo, faia e sapeli. Unha mostra que recolle todo o traballo inicial deste artista, así como as últimas pezas saídas do obradoiro da avenida de Santa Minia, emprazado a escasos metros da propia sala de exposicións.

Fran Lareo (Brión, 1966) é un escultor autodidacta que comezou a realizar estas obras de pequeno formato en 1998, traballando cada peza sen ningún tipo de molde e decorándoas posteriormente. Ten participado en numerosas exposicións tanto individuais como colectivas por toda Galicia, se ben Imarxinacións é a primeira mostra en solitario en Brión. Tamén ten participado en exposicións colectivas a nivel internacional, como en Figueira da Foz (Portugal) ou en Milán (Italia).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies