займ срочно

Brión impulsa o premio Laudamuco de textos teatrais para lembrar a Vidal Bolaño

0

Brión, 25 de outubro do 2018 – O Concello de Brión, en colaboración coa Academia Galega de Teatro e con Edicións Positivas, convocan a primeira edición do Premio Laudamuco para textos teatrais.

O certame Laudamuco foi presentado na biblioteca do Consello da Cultura Galega coa presenza do alcalde de Brión, José Luís García; Inma Antonio Souto, presidenta da Academia Galega de Teatro; Francisco Macías, fundador de Edicións Positivas e Dolores Vilavedra, secretaria do Consello da Cultura Galega como anfitriona do acto.

A presidenta da Academia quixo agradecer a colaboración de Manuel Guede, un dos membros do colectivo e ideólogo de este premio

Pola súa banda o alcalde de Brión, José Luís García, lembrou a Bolaño como creador pero tamén como amigo

Francisco Macia contou na súa quenda que Laudamuco naceu das reunións que cada ano teñen diante do “cabezón” de Roberto Vidal para homenaxear ao dramaturgo e amigo

O premio

O galardón toma o nome da obra Laudamuco, señor de ningures, a peza coa que o teatro galego iniciou a súa singradura profesional o 16 de maio de 1978 da man da compañía Antroido, dirixida por Roberto Vidal Bolaño. Unha iniciativa determinante para o conxunto do sistema teatral galego e sen a que non se podería explicar a súa historia posterior.

Poderán optar ao premio todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten obra dramática inédita e nunca antes premiada, sempre que estea escrita en lingua galega. O tema e a extensión da obra será libre. A dotación económica do premio será de 7.000 euros e a edición da obra gañadora, que correrá a cargo de Edicións Positivas.

O prazo de admisión de orixinais rematará o día 15 de febreiro de 2019. De cada obra presentaranse cinco copias asinadas cun lema, en paquete sen remite, dirixido á Casa da Cultura de Brión (Carballeira de Santa Minia nº 5, C.P. 15865, Brión. A Coruña). Deberase indicar no exterior do sobre “Iº Premio Laudamuco para Textos Teatrais, 2019”. Nun sobre anexo pechado deberá figurar: o lema (no exterior) e os datos persoais da autora ou autor: nome, apelidos, DNI, enderezo postal, número de teléfono, correo electrónico e currículo da autora ou autor (no interior).

O xurado do premio estará composto por cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito da arte teatral. Será proposto pola Academia Galega de Teatro e nomeado polo alcalde de Brión. Actuará como secretario/a a persoa elixida por maioría entre os membros integrantes. Na proposta de resolución do xurado haberá unha única obra gañadora. Unha vez emitida a súa resolución, procederase á apertura da plica gañadora nun acto público na data e lugar que se anunciarán oportunamente. O veredicto do xurado, que poderá declarar deserto o premio, será inapelable.

A entrega do “I Premio Laudamuco” terá lugar o 16 de maio de 2019 no transcurso dun acto organizado polo Concello de Brión co gallo do 41 aniversario da posta en escena de Laudamuco, señor de ningures. Trala entrega e aceptación do premio, a Academia Galega de Teatro resérvase o dereito de facer unha lectura dramatizada do texto sen que iso supoña compensación económica para o/a autor/a premiado/a.

Os orixinais non premiados poderán ser retirados das dependencias da Casa da Cultura do Concello de Brión no prazo de 30 días naturais a partir do seguinte da decisión do xurado. Aqueles orixinais que non sexan retirados serán destruídos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies