Brión abriu o único coworking de Galicia centrado nos pequenos produtores agrícolas

0

Brión, 16 de decembro do 2019 – O concello de Brión inaugurou o pasado venres un espazo Coworking  no que os pequenos produtores agrícolas poderán transformar os produtos frescos en elaborados.

Trátase do único Coworking de toda Galicia de estas características e levan so sobre nome de Transformando Brión. O complexo foi inaugurado polo alcalde José Luís García e o presidente da Deputación, Valentín González, xa que forma parte da rede que a institución está implantando dedicada a estes espazos colaborativos.

Brión CoworkingTransformando Brión

Situado na segunda planta do centro comercial Monte Balado, e o segundo que se abre co apoio da Deputación despois do de Oleiros. O investimento do ente provincial supuxo 213.266 euros, dos que o 75% foi achegado pola Deputación da Coruña mediante fondos da liña PEL-Emprende do Plan de Emprego Local (PEL). O Concello de Brión e o GDR Terras de Compostela achegaron o 25% restante.

Equipada coa maquinaria propia dunha cociña industrial (lavalouzas de carga frontal, lavavasos bar, fregadoiro industrial, conxeladores, refrixerador, forno mixto eléctrico, forno convección vapor mixto, cociña a gas, freidora de inducción, robot de cociña, exprimidores, instrumentos de cociña…) conta tamén con outras máis específicas que lle dan un valor engadido como: unha pasteurizadora eléctrica, dúas maceradoras, lavacentrífuga para verduras, unha envasadora ao baleiro profesional, un muiño con prensa e elevador inclinado para zumes, coador automático, marmita de gas de quencemento indireto… Un completo equipamento no que se investiron máis de 113.000 euros.

Brión CoworkingNesa mesma planta hai unha zona de formación de 20 metros cadrados para o desenvolvemento de actividades e cursos e outra zona de exposición e venda de 71 metros cadrados. A maiores hai un pequeno almacén para produtos perecedoiros e envases, cunha superficie útil de 35 metros cadrados, así como unha oficina e baños. Finalmente, na planta soto disponse dun almacén de 30 metros cadrados emprazado na zona de aparcamento, dende onde os produtores poden subir os seus produtos á zona de transformación a través dun montacargas á súa disposición.

Un impulso para o rural

O presidente da Deputación, Valentín González, afirmou que o centro “é unha mostra clara de que, con votande política, traballo e un pouco de imaxinación é posible aproveitar o enorme potencial que aínda temos por explotar no agro galego” e así “favorecer que as familias opten por quedarse a vivir e poducir no rural”.

“O plantexamento colectivo é un dos aspectos máis importantes do poxecto”, afirmou o presidente, que explicou xa que a actual normativa fai practicamente imposible que estes pequenos produtores poidan asumir individualmente o investimento das instalacións e equipamentos necesarios para transformar e comercializar determinados produtos de produción artesanal coma carnes, hortalizas, mel, ovos, froitas e hortalizas, setas ou lácteos.

Para o presidente da Deputación, o centro abre “novas oportunidades” de transformar e dar saída comercial a moitos excedentes que antes se perdían, fabricando embutidos, queixos, marmeladas, pan, conservas ou zumes coas correspondentes autorizacións e rexistros sanitarios, de forma que os produtos elaborados que aquí se preparen poidan ser comercializados en restaurantes, supermercados ou tendas, afirmou.

Brión CoworkingValentín González agradeceu tamén o “traballo e dedicación” que depositou o alcalde, Jose Luís García, para facer realidade este proxecto durante os catro anos nos que estivo á fronte da área de Emprego da Deputación no pasado mandato, cando se creou o PEL, que permitiu que 2.640 persoas se incorporaran ao mercado laboral e impulsar máis dun millar de iniciativas de emprendedores.

Pola súa banda, José Luis García puxo en valor o traballo conxunto do Concello de Brión coa Deputación e o grupo de desenvolvemento rural Terras de Compostela, “unha demostración de que se pode crear riqueza no rural”. Neste sentido, destacou que “a día de hoxe xa hai máis de medio cento de persoas formándose para poder utilizar estas instalacións. E compráceme dicir que máis do 80% son mulleres e preto do 20% son menores de 30 anos que están comezando unha nova actividade. E cando estas persoas rematen a súa formación, comezará outro grupo que xa se está apuntando”.

O alcalde brionés agarda que “Transformando en Brión” serva para promover a sustentabilidade das pequenas explotacións agrícolas das nosas comarcas, produtores de horta e froita que traballan de forma totalmente natural, sen  comercialización asociativa de alimentos frescos e transformados, con certificación sanitaria”. Así mesmo, aproveitou para lembrar que “aínda nos falta a guinda do pastel: o matadoiro móbil de aves e coellos. Outra iniciativa pioneira que incluirá un vehículo perfectamente equipado que irá polas explotacións que o soliciten para que os produtores poidan usalo ben para autoconsumo, ben para vender esa carne no mercado”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial