Brión investirá instalará pavimento continuo de caucho en tres parques infantís

0

Brión, 6 de xuño do 2019 –  O Concello de Brión vén de sacar a licitación por 47.515,13 euros un proxecto de mellora de tres parques infantís coa instalación de pavimento continuo de caucho.

As instalacións están emprazados nas parroquias de Brión e Os Ánxeles. O pavimento continuo de caucho será de cores para fomentar  a creatividade da rapazada. Este novo chan dotará ademais aos parques infantís dunhas mellores condicións de limpeza e seguridade fronte a caídas desde os xogos existentes.

“A actuación realizarase en tres dos parques con maior número de nenos e nenas en idade de usalos como son o do Outeiro, na parroquia dos Ánxeles, e os do Tremo e da avenida de Santa Minia, na parroquia de Brión”, explica o alcalde en funcións de Brión, José Luís García. Na actualidade, os tres parques contan con xogos pero carecen dun pavimento axeitado, coa excepción do parque do Tremo que conta cunha capa amortiguadora de area.

Grazas a estes traballos, as zonas de xogo e de aprendizaxe infantil conseguirán un nivel óptimo de confort e protección, minimizando o risco de lesión e facilitando a psicomotricidade e o desenvolvemento visual, táctil e espacial dos cativos mediante o uso de cores e texturas.

O prazo de presentación de ofertas está aberto ata o vindeiro 12 de xuño. Unha vez adxudicadas, o período de execución das obras é de dous meses, polo que estarán rematadas antes de finalizar o verán. Deste xeito, o Concello de Brión continúa coa política de mellorar cada ano algún parque infantil, como xa aconteceu nos parques infantís de Monte Devesa, Gándara, Guitiande e Brión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial