Brión inviste máis de 445.000 euros na mellora de seis camiños

0

Brión, 12 de abril do 2019 – O Concello de Brión vén de formalizar o contrato para a mellora do firme de seis camiños de titularidade municipal, que será financiado con cargo ao remanente de tesourería.

Aínda que orzamento inicial superaba os 600.000 euros foi finalmente adxudicado por 445.241,66 euros e ten un prazo máximo de execución de 90 días. A mellora de estes camiños supón o arranxo de 12 kilómetros de vías municipais. En todos os casos, dotarase aos tramos dunha nova capa de rodadura de 5 centímetros de mestura bituminosa, previa reparación de fochancas e posterior limpeza de gabias. Ademais, o proxecto contempla a reposición da sinalización horizontal e vertical.

Detalle das obras

A actuación máis importante terá lugar no camiño de Mourentáns a Pousada de Abaixo, por Forxán, onde se colocará unha nova capa de rodadura nunha pista de algo máis de 4 quilómetros de longo por 5,5 metros de ancho. A mesma actuación terá lugar no camiño de A Igrexa a Vioxo, por Tourís (de 2,3 quilómetros de longo por 5 de ancho) e no camiño de San Salvador ata o límite municipal con Ames, polo Outeiro (de 2,6 quilómetros de longo por 5 de ancho). Nesta estrada, a maiores, reconstruiranse dous redutores de velocidade tipo “lombo de asno” coa correspondente sinalización horizontal.

Tamén se colocará unha nova capa de rodadura nos 1,5 km do camiño de Ons a Salaño Grande e nos 1.945 metros do camiño de Bemil a Soutullos, por Bastavaliños, onde o vial presenta anchos variables entre os 5,2 e os 6, 8 metros. Nesta última obra recuperarase a sección hidráulica dende a Igrexa de Soutullos e se reordenará a zona de aparcamento na contorna da igrexa.

Finalmente, o Concello de Brión acometerá un pequeno arranxo no entronque da rúa Fonte coa Avenida dos Ánxeles (AC-300). Trátase dunha actuación sobre unha superficie de 340 m2 que evitará os problemas que se producen neste punto. E é que se se asfalta, os vehículos patina; e se se opta por un firme rugoso, non dura moito tempo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial