Un lume destrúe parte do arquivo municipal de Brión

0

Brión, 18 de xuño do 2020 –  A casa consistorial de Brión sufriu na tarde do martes un pequeno lume que destruíu unha parte do arquivo municipal, emprazado no soto do edificio.

A rápida e minuciosa intervención dos efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión permitiu minorar os danos, cuxa cuantificación está aínda pendente de peritación.

Un lume destrúe parte do arquivo municipal de BriónO alcalde de Brión, José Luís García, explica que “o lume tivo lugar no arquivo municipal e, dentro do grave, houbo moita sorte porque non afectou nin a documentación histórica nin a procedementos en tramitación, só a un estante con documentos entre os anos 1979 e 1981”. Neste sentido, García pon en valor a actuación do GES de Brión pois “foi unha actuación que os honra e salvaron moita documentación, utilizando a menor cantidade de auga posible para evitar causar danos e controlando tan rápido o lume que non foi preciso mobilizar aos bombeiros de Santiago”. Os bombeiros de Compostela chegaron a ser avisados pero, diante da rápida actuación do GES de Brión, chamouse de volta e non chegaron a saír da base.

A falta de confirmación por parte dos peritos, todo apunta a que o lume se iniciou nunha toma eléctrica dun deshumidificador, descoñecéndose se foi por problema da instalación eléctrica ou do propio aparato. O lume produciuse pasadas as 14:30 horas de onte martes, polo que as dependencias municipais estaban xa baleiras de persoal. Unha das persoas que estaba cun horario diferente foi a que escoitou a alarma e deu o aviso, o que permitiu unha rápida actuación.

Un lume destrúe parte do arquivo municipal de BriónO lume xerou unha importante fumareda que afectou a todo o edificio, polo que o Concello de Brión empregou na tarde de onte o canón de ozono adquirido recentemente para o GES para desinfectar e quitar os olores na zona. O que está pendente por decidir é como afrontar a limpeza dos numerosos cadros, cedidos polos participantes nos Encontros da Arte, que resultaron afectados pola cinza e polo fume. O alcalde adianta que o Concello vai proceder tamén a unha revisión do sistema de alarma.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial