Curso de manipulador de alimentos en Brión

0

Brión, 10 de novembro do 2017 –  O Concello de Brión abre o prazo de inscrición nun curso para a obtención do carné de manipulador de alimentos, que terá lugar o sábado 25 de novembro.

O horario será de 10:00 a 13:00 horas e desenvolverase na Aula CeMIT (Carballeira de Santa Minia). O curso mantén o prezo de anos anteriores, 25 euros, e será preciso reunir un grupo mínimo de 10 persoas para a súa celebración.

O carné de manipulador de alimentos faculta ao seu posuidor para obter traballo en empresas relacionadas coa manipulación de alimentos no sector hostaleiro (camareiros, panadeiros, dependentes de ultramarinos…), no sector alimentario, en comedores escolares… Durante as tres horas do curso, os alumnos e alumnas aprenderán distintos conceptos sobre nutrición, a hixiene e manipulación dos alimentos, así como os distintos métodos de conservación dos alimentos.

As inscricións poden realizarse na Casa da Cultura de Brión, chamando ao teléfono 981 50 99 08 ou a través do e-mail voluntariado@briondixital.org. O prazo de inscrición remata o próximo 18 de novembro.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies