займ срочно

Brión inicia melloras no alumeado público

0

Brión, 17 de xuño do 2020 –  Brión está a executar estes días a renovación das 86 luminarias da avenida de Santa Minia Pedrouzos, unha actuación incluída dentro dun proxecto máis amplo de renovación do alumeado público das parroquias dos Ánxeles e Brión.

O investimento en alumeado público en esta operación será de 181.009,95 euros. Unha actuación que inclúe a substitución dun total de 173 luminarias tipo “Fernandina” por outras de alta eficiencia e tecnoloxía LED que permitirán un aforro de 99.302 kWh/ano.

Brión inicia melloras no alumeado públicoAs obras iniciadas neste mes de xuño están a supoñer o cambio das 86 luminarias instaladas na avenida de Santa Minia. As novas lámpadas LED supoñen unha redución da potencia da lámpada, que pasa de 150 a 25 W, e elimina os actuais 15 W da potencia do equipo auxiliar. Esta actuación na avenida de Santa Minia é a máis importante deste proxecto, pois representa o 50% do mesmo.

A empresa está procedendo nestes días á substituír os apoios existentes, xa que non teñen a altura suficiente para cumprir cos parámetros lumínicos requiridos e proporcionar unha uniformidade axeitada, polo que as novas luminarias terán unha altura de 6 metros e mellorarán tamén a mobilidade dos peóns, xa que son máis estreitas e facilitarán o paso de carriños de bebé e cadeiras de rodas.

Finalmente, procederase á reforma completa dos cadros de mando e protección, á substitución dos equipos actuais de acendido por reloxos astronómicos e á substitución dos tramos de cableado eléctrico soterrado. Todas estas actuacións permitirán diminuír ata nun 60% o fluxo emitido, mantendo os niveis de alumeado necesarios de acordo co Real Decreto 1890/2008.

Unha vez rematados estes traballos na avenida de Santa Minia-Pedrouzos, procederase a completar o proxecto coa substitución das 37 luminarias ata o cruce dos Ánxeles, na estrada AC-541 Os Ánxeles-Brión; así como as 50 luminarias do Tremo, ao longo da AC-543 Santiago-Noia. As obras teñen un prazo máximo de execución de dez meses.

Para a realización destes investimentos, o Concello de Brión conta cunha achega do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies