Brión mellora camiños en A Graña, Busto de Frades e Bastavales

0

Brión, 12 de outubro do 2018 – O Concello de Brión vai investir 39.748,44 euros nun proxecto para mellorar tres camiños municipais no rural da Graña (Cornanda), Bastavales e Busto de Frades (Cornanda).

O proxecto ten un prazo máximo de dous meses para executar os traballos de mellora dos tres camiños de terra, de titularidade municipal, co obxectivo de facilitar os accesos a estas localidades, incrementando así a calidade de vida destas zonas rurais do municipio.

As actuacións terán lugar sobre un camiño en solo rústico próximo á aldea de Busto de Frades, que está moi desgastado polo seu intenso uso. Trátase dunha pista de terra de 815 metros que serve de acceso ás fincas da veciñanza. Tamén se mellorará un camiño  de 1.870 metros que discorre por detrás da Igrexa de Bastavales e comunica con fincas situadas en solo rústico ata o límite co concello de Rois. Por último, mellorarase un camiño de 725 metros entre a aldea da Graña e as fincas situadas en solo rústico, unha actuación dividida en dous ramais.

Nos tres casos, os traballos a acometer serán o perfilado previo dos camiños, coa reapertura de cunetas en ambas marxes e aporte de zahorra. Posteriormente pasarase unha rega e compactación mecánica sobre todo o camiño para que quede perfectamente acondicionado. Unhas obras que serán financiadas con cargo a unha subvención do AGADER, dentro do Plan de mellora de camiños municipais 2018-2019.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial