Brión mellora polideportivo, biblioteca e a piscina de Bastavales

0

Brión, 22 de setembro do 2017 – O Concello de Brión investirá máis de 46.000 euros nun proxecto para acometer diversas melloras en tres instalacións municipais: o polideportivo de Pedrouzos, a piscina de Bastavales e a biblioteca. Unhas actuacións que teñen un prazo de execución de dous meses, polo que estarán rematadas antes de finais de ano.

As obras máis importantes acometeranse na piscina de Bastavales, onde o seu vaso presenta fisuras e perdas de auga propias da antigüidade desta instalación. Por iso, o Concello de Brión vai proceder á impermeabilización do vaso e aproveitará tamén para mellorar os seus bordes, instalando un novo firme con pedra artificial antideslizante con granito e cemento branco para maior seguridade dos e das bañistas. Ademais, mellorarase a instalación eléctrica da depuradora e a do interior do vestiario, con novos puntos de luz e alumeado de emerxencias.

No caso do polideportivo municipal de Pedrouzos, o Concello de Brión vai acondicionar o interior dun dos seus baños para poder facilitar o seu uso por persoas con mobilidade reducida. Así mesmo, procederase á impermeabilización do zócalo en todo o seu perímetro, xa que é demasiado poroso e está a propiciar a entrada de auga, sobre todo no lado leste.

Por último, o Concello mellorará o alumeado da biblioteca, onde as lámpadas están a demasiada altitude. A actuación consistirá en suspender as luminarias a unha distancia axeitada para garantir un bo nivel lumínico para as persoas que utilizan esta instalación municipal.      

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies