Novo camión de rego asfáltico para a brigada de obras de Brión

0

Brión, 10 de setembro do 2019 – A brigada de obras de brión é posiblemente a mellor preparada de toda a bisbarra e agora incorpora un novo camión de rego asfáltico.

En varias ocasións o alcalde explicou que ter unha brigada de obras tan completa é un aforro de cartos e tempo por canto a maioría das obras non precisan licitación e só se inviste en material. O investimento de 45.000 euros nun novo camión de rego asfáltico continúa esa liña de traballo.

Brión camión de rego asfáltico.O camión foi comprado de segunda man e servirá para a conservación e mellora da rede viaria municipal. O vehículo dispón dun sistema de pulverización da emulsión asfáltica, de xeito que supón un importante avance sobre o sistema manual que se estaba a empregar ata o momento e permitirá lograr un resultado uniforme na estrada onde se actúe. Un sistema automatizado con regulación das dosificacións e accionamento da rampla tanto dende fóra do vehículo como dende a cabina do condutor.

Brión camión de rego asfáltico.A nova ferramenta da brigada de obras  xa comezou a operar no municipio, concretamente na parroquia da Luaña, onde fixo o primeiro arranxo nos accesos ao campo de fútbol.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial