O último pleno de José Luís García en Brión

0

Brión, 10 de setembro do 2020 – Días intensos para José Luís García que desde o pleno ordinario de este mércores é oficialmente ex alcalde do concello.

Foi unha sesión emotiva xa que 42 anos dan para moito. Os grupos políticos da oposición, PP e BNG, agradeceron o traballo realizado por José Luís García e destacaron de xeito especial o trato recibido polo ex rexedor.

O último pleno de José Luís García en BriónGarcía na súa intervención fixo un breve repaso dos logros conseguidos en todo este tempo. Destacou o consenso acadado nos plenos municipais entre os grupos e facendo fincapé na aprobación por unanimidade dos últimos orzamentos, un feito inédito na política actual. Aproveitou ademais para agradecerlle a PP e BNG que non presentaran mocións nin preguntas en este pleno “foi algo moi elegante”.

Tivo palabras para varios concelleiros que foron compañeiros e que “xa non están entre nos”. De xeito especial dirixiuse ao grupo socialista para darlle uns consellos “cando un veciño ven ao concello hai que poñerse na súa pel e pensar como nos gustaría que nos axudaran. Despois hai que ver que se pode facer para axudalo dentro da lei; non vos preocupedes se non sabedes que di a lei porque este señor que esta a miña dereita (polo secretario) volo dirá”.

A súa intervención rematou cun forte aplauso de todos os presentes e co cambio de lugar co que de xeito provisional é xa o novo alcalde, Pablo Lago.

Na nosa canle de Youtube tedes a intervención completa

 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial