Brión convoca tres obradoiros gratuítos de informática

0

Brión, 2 de xullo do 2020 –  O Concello de Brión organiza tres obradoiros gratuítos de informática, que terán lugar ao longo dos próximos meses en canto se xunte un grupo mínimo de 3 persoas interesadas.

A oferta de Brión consiste en pequenos obradoiros para aprender o manexo de tecnoloxías moi concretas como son a videochamada, a sede electrónica e o correo electrónico. Como medida especial de protección fronte á Covid-19, os grupos serán moi reducidos e mesmo poderanse convocar cursos cun mínimo de 3 persoas inscritas.

Brión convoca tres obradoiros gratuítos de informáticaAdemais da cota gratuíta, o Concello de Brión ofrecerá tamén flexibilidade horaria, con sesións tanto de mañá como de tarde. As inscricións poden realizarse na Aula CeMIT de Brión, chamando ao 981 50 99 08 ou enviando un correo a cemit.brion@outlook.com. A admisión realizarase por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas en Brión.

O obradoiro de videochamada terá unha duración de 4 horas, nas que o alumnado aprenderá a xestionar videochamadas a través das aplicacións máis coñecidas: zoom, skype, messenger… Tamén terá unha duración de 4 horas o obradoiro de manexo da sede electrónica, dende como obter certificados dixitais con Chave 365 ou Clave PIN, ata trámites que se poden facer na rede coas distintas administracións e organismos. Finalmente, o obradoiro de correo electrónico será o de máis longa duración, 6 horas, e nel o alumnado aprenderá a crear e xestionar o correo, administrar os contactos e trasladalo aos seus dispositivos móbiles.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial