Brión organizará obradoiros gratuítos para emprendedores

0

Brión, 29 de marzo do 2018 – O Concello de Brión organiza obradoiros gratuítos para emprendedores, que terán lugar na data que concreten as persoas participantes e que se convocarán en canto haxa un mínimo de 6 persoas inscritas.

En estes obradoiro gratuítos o alumnado adquirirá recursos, coñecementos e habilidades de cara a creación de empresas. Poderán aprender as vantaxes e desvantaxes de establecerse como autónomo ou como sociedade, que tipo de contrato facer aos empregados, aprender a manexar unha nómina, como relacionarse coas Administracións (obrigas, impostos, pagos, permisos…) e resolverá todas as dúbidas que poida ter.

Os cursos terán lugar os martes e xoves, en horario de 20:00 a 22:00 horas. Para participar só é preciso inscribirse na Casa da Cultura de Brión, no 981 509 908 ou no mail empregobrion@gmail.com. A inscrición estará aberta durante todo o ano e cada curso convocarase en canto haxa un mínimo de 6 persoas inscritas.  

Estes Obradoiros para o Emprendemento súmanse aos cursos gratuítos de informática básica para persoas desempregadas, organizados polo Concello de Brión e que se desenvolverán de acordo coa mesma fórmula: convocaranse en canto haxa un mínimo de 8 persoas inscritas. Un curso no que o alumnado aprenderá nocións básicas do manexo dun ordenador, do sistema operativo windows, a manexar un procesador de textos, así como crear e manexar contas de correo electrónico e navegar por Internet.

O curso terá lugar na aula CEMIT de Brión os martes e xoves, en horario de 10:30 a 12:30 horas, na data que concreten as persoas que estean interesadas. A inscrición, polo tanto, estará aberta durante todo o ano na Casa da Cultura, no teléfono 981 50 99 08 ou en empregobrion@gmail.com.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial