Brión mellora o camiño de Bemil a Soutullos por Bastavaliños

0

Brión, 22 de xullo do 2019 – O Concello de Brión está a investir case 84.817 euros de fondos propios na mellora do firme do camiño de Bemil a Soutullos por Bastavaliños.

O camiño de Bemil trátase dunha estrada municipal de case dous quilómetros de longo e anchos medios que oscilan entre os 5,2 e os 6,8 metros. Unhas obras financiadas polo Concello de Brión con cargo ao seu remanente de Tesourería e que están a ser acometidas pola empresa Eulogio Viñal.

mellora do firme do camiño de BemilAs obras inclúen a reparación das fochancas desta estrada, previo á extensión dunha nova capa de rodadura de cinco centímetros de tratamento asfáltico. Unhas obras que tamén incluirán a reordenación do aparcamento na contorna da Igrexa de Bastavales, onde estaban a traballar as máquinas esta mesma mañá. Unha mellora nos 1.500 m2 do aparcamento.

O alcalde de Brión, José Luís García, explica que esta obra “está incluída nun proxecto con outras seis pistas municipais máis, as que máis tráfico soportan en Brión e que imos arranxar cun investimento de case 625.000 euros, o que supón o maior investimento que temos feito en Brión con fondos propios”. Unha actuación que se iniciou esta mesma semana coa mellora do firme do camiño de San Salvador ata o límite municipal con Ames, unha pista de 2,6 quilómetros de longo onde se colocaron dous redutores de velocidade tipo “lombo de asno”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial