займ срочно

Brión retoma as obras da estrada da Gándara a Amañecida

0

Brión, 23 de xullo do 2020 –  O Concello de Brión celebra o reinicio das obras de ampliación e mellora do trazado na estrada de Gándara a A Amañecida paralizadas no verán de 2019.

As obras detivéronse  despois da quebra da empresa encargada dos traballos. Brión tivo que agardar por un novo proceso de adxudicación, por un importe de 114.791,31 euros, por parte da Deputación Provincial da Coruña.

Brión retoma as obras da estrada da Gándara a AmañecidaO alcalde de Brión, José Luís García, amósase moi satisfeito polo reinicio dos traballos “pois se trata dunha obra moi importante para a seguridade viaria da veciñanza, que nestes momentos tiñan que camiñar por unha zona de bastante tráfico e sen beiravías. Agora que se retoman os traballos, agardamos que estean rematados antes de finais de ano e que a veciñanza dispoña dun camiño seguro ata Os Ánxeles, pois é unha zona que concentra servizos e equipamentos como a gardería, a zona comercial e de hostaleira, e mesmo as paradas do transporte metropolitano”.

No momento de paralizárense as obras, a empresa adxudicataria xa fixera un importante movemento de terras a ambos lados da DP-1301, previos á ampliación da calzada. Esta semana comezouse coa sinalización do lugar e procedendo aos traballos para a ampliación da ponte sobre o río Viceso. Para unha maior velocidade de execución e eficiencia económica, optouse por unha estrutura prefabricada que consistirá nun taboleiro formado por unha viga en dobre T de 0,9 metros de canto. Nestes momentos a empresa traballa na cimentación desta nova estrutura. 

Brión retoma as obras da estrada da Gándara a AmañecidaO tránsito de vehículos pola zona non se verá afectado durante estes primeiros momentos, porén si que haberá que realizar desvíos cando se acometa a ampliación e mellora da actual calzada. Os traballos permitirán ampliar a calzada da estrada ata os 7 metros de ancho, con 0,5 metros de beiravías, así como rectificar un pouco o trazado da curva. Ademais, revestirase en formigón as cunetas da zona e se executará un novo sistema de drenaxe e recollida de pluviais que mellorará as condicións de circulación con choiva.

As obras teñen un prazo máximo de execución de 5 meses. Unha vez rematadas, permitirán conectar de forma segura as beirarrúas da Avenida de Noia (AC-543) coas beirarrúas da aldea de Liñares.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies