Brión obrigado a facer un Plan Económico Financeiro por executar o 96 por cento do orzamento

0

Brión, 4 de maio do 2020 – O Concello de Brión terá que facer un Plan Económico Financeiro ao incumprir a regra de gasto na execución do orzamento do 2019.

O informe de intervención indica que  se compren as regras de estabilidade orzamentaria e límite de endebedamento, pero que se incumpre a regra de gasto, polo que será preciso aprobar un Plan Económico Financeiro. O informe explica que o límite de gasto estaba no 2,7% pero que o Concello de Brión o superou ao executar practicamente o 100% do seu orzamento.

O secretario municipal informou de que a liquidación do orzamento de 2019 deixa un remanente de Tesourería para Gastos Xerais de 4.615.746,01 euros e un resultado orzamentario axustado de 918.572,2 euros.

O alcalde de Brión, José Luís García, explicou o paradoxo “executamos o 96% do orzamento de 2019 e iso fai que incumpramos a regra de gasto, polo que xa temos preparado o correspondente Plan Económico Financeiro”. O alcalde explicou tamén que o devandito plan non puido ser presentado nesta sesión plenaria debido a que o posto de Intervención en Brión está vacante, logo da marcha da anterior titular que actuará como acumulada ata a chegada dunha persoa que a substitúa.

No resto da parte dispositiva, o pleno aprobou por unanimidade a acta da sesión anterior e unha corrección realizada para incluír máis planos no proxecto de mantemento e mellora das redes de saneamento e abastecemento de Chave da Ponte, rúa Gondar, Cabanas, Saíme, Bastavaliños, Soutullos e Bemil, orzamentado en 146.774,9 euros e incluído no Plan Complementario 2020 da Deputación Provincial da Coruña.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial