займ срочно

Brión Open Music 2019 co escola de música Magariños

0

Brión, 25 de xaneiro do 2019 – A Escola Municipal de Música Magariños celebrará o II Festival de Música Modernas | Brión Open Music´18 esta tarde, a partir das 20:00 horas no salón de actos do Centro Social Polivalente.

O Open Musica estará protagonizado polo alumnado do itinerario moderno que “porá enriba do escenario pezas moi variadas e coñecidas para o público”, explica Carlos Pintor, director da ESMU Magariños. A entrada é totalmente libre e de balde ata completar aforo.

O programa do Brión Open Music 2019 inclúe seis actuacións moi variadas. Comezará coa interpretación de “Isto é o amor”, de Caxade, a cargo de Martín Piñeiro Búa, Daniel Tilve Rodríguez, Uxío Rudiño Lorenzo, Unai Peral Fernández, Uxía Otero Sequera, Nerea Nieto Abal e Noa de Blas Sánchez, que posteriormente interpretarán “Don’t speak”, do grupo No Doubt.

Acto seguido, Uxío Peral Fernández, Uxío Rudiño Lorenzo e Carlos Gulías Carrillo tocarán “Autumn leaves”. Un novo grupo de alumnos e alumnas pechará o festival interpretando tres pezas: “I was born to love you” (Queen),  “Fallen” (Randy Crawford) e “Respect” (Otis Reading). Este grupo estará formado por Jaime Tilve Álvarez, Daniel Tilve Rodríguez, Gonzalo López Méndez, Mara Sánchez Barral, Patricia Iglesias Millares e Candela Pérez Iglesias.

O Brión Open Music 2019 está organizado pola ESMU Magariños de Brión, en colaboración co Concello de Brión, a Deputación da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies