Brión organiza un curso sobre a sede electrónica

0

Brión, 4 de xullo do 2019 –  O Concello de Brión organiza un curso para aprender a facer os trámites municipais a través da sede electrónica do concello.

O uso da sede electrónica permite realizar estas xestións desde casa sen ter que ir presencialmente á casa consistorial e con total liberdade de horarios. Un curso que terá lugar este venres 5 de xullo, ás 10:30 horas, na Aula Cemit do Concello de Brión. A participación é de balde, previa inscrición no teléfono 981 50 99 08, no mail casacultura@briondixital.org ou na Casa da Cultura brionesa.

Esta é a segunda vez que o Concello de Brión organiza un curso de manexo de sedes electrónicas. A anterior tivo lugar en febreiro de 2018 e estivo dirixida a entidades deportivas do municipio, que aprenderon a manexar a sede electrónica da Xunta de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial