займ срочно

Brión aproba a organización do concello e do equipo de goberno

0

Brión, 28 de xuño do 2019 –  O Concello de Brión celebrou o seu pleno de organización no que o alcalde, José Luís García, anunciou unha fonda reestruturación das competencias do equipo de goberno.

Na nova lexislatura cambian todos os integrantes da Xunta de Goberno Local e só unha concelleira mantén as mesmas competencias que tiña na pasada lexislatura. Unha nova organización con 4 dedicacións parciais, de 9.100 euros/anuais brutos cada unha, e nas que o alcalde non cobrará ningún tipo de soldo.

García lamentou que a súa proposta de dedicacións non merecese o voto favorable dos dous grupos da oposición, xa que tanto PP como BNG optaron pola abstención. “Con estas asignacións buscamos que os concelleiros teñan unha maior dedicación ao concello, se ben estas cantidades non chegan nin ao 50% do autorizado legalmente”, explicou José Luís García, quen remarcou que este novo Goberno municipal “supón un aforro anual de máis de 20.000 euros, polo que creo que merecía o apoio dos grupos da oposición”.

Novo Goberno

O novo Goberno encabezado por José Luís García está composto por:

Pablo Lago Sanmartín, primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Mantemento de Servizos Básicos, Réxime Interior e Persoal.

Carlos Noya Pereira, segundo tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, Limpeza Pública e Obras Públicas.

Sandi Cebral Gómez, terceira tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Deportes, Actividades Extraescolares e Música.

Rosa Romero Fariña, cuarta tenente de alcalde e que se mantén como concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Maiores.

José Luís Sampedro Bouzas, concelleiro de Seguridade Cidadá, Protección Civil, Policía Local e Festas.

Iolanda Bouzas Alfonsín, concelleira de Biblioteca, Patrimonio e Turismo.

María Guarina Rey Vázquez, concelleira de Novas Tecnoloxías e Emprego.

dav

O pleno aprobou, coa abstención de PP e BNG, o réxime de dedicacións parciais do Concello e dietas por asistencia a sesións de órganos colexiados. Así, José Luís García anunciou que non asumirá ningunha dedicación exclusiva (a que tiña na lexislatura 2011-2015 era de 42.304 euros) e que se establecerán catro dedicacións parciais, de 9.100 euros/ano bruto distribuído en 14 pagas, o que supón unha achega de 650 euros/mes por un mínimo de 20 horas semanais de servizos mínimos. Os perceptores destas dedicacións serán os tres primeiros tenentes de alcalde, así como a concelleira de Biblioteca, Patrimonio e Turismo.

Tamén se aprobou, desta vez por unanimidade, unha dedicación especial para persoal de confianza, un auxiliar administrativo do grupo C2 que recibirá unha retribución de 18.200 euros brutos. “O aforro de 20.000 euros dos que falaba, é con esta persoa incluía”, remarcou José Luís García.

Asistencias

As asistencias a plenos e a Xunta de Goberno Local mantéñense nos 100 euros, mentres que as asistencias a comisións informativas soben de 75 a 100 euros (cantidades que non cobrarán os membros con dedicación). Os catro tenentes de alcalde conformarán xunto con José Luís García a Xunta de Goberno Local, á que se volveron transferir as mesmas competencias ca na pasada lexislatura co respaldo unánime da corporación municipal.

A corporación contará con tres grupos municipais: PSOE, con José Luís García como voceiro e Sandi Cebral como substituta; PP, con María Fariña como voceira e Waldo Carballo como substituto; e BNG, con Fructuoso Souto como voceiro e Xosé Luís Penas Corral como voceiro. Tamén se acordou manter a mesma periodicidade das sesións ordinarias, que terán lugar os terceiros mércores dos meses pares ás 13:00 horas. Este punto foi o único que xerou debate en toda a sesión, xa que tanto PP como BNG quixeron argumentar que a súa abstención tiña que ver coa hora das sesións, que preferían que fosen de tarde para facilitar a asistencia de veciños e veciñas.

Así mesmo, crearanse dúas comisións informativas, presididas polo alcalde José Luís García:

Comisión Especial de Contas. Composta por 3 concelleiros do PSOE (José Luís Sampedro Bouzas, María Guarina Rey Vázquez e Pablo Lago Sanmartín), 1 membro do PP e outro do BNG (ambos por nomear).

Servizos básicos. Composta por 3 concelleiros do PSOE (José Luís Sampedro Bouzas, María Guarina Rey Vázquez e Carlos Noya Pereira), 1 membro do PP e outro do BNG(ambos por nomear).

No que atinxe ao nomeamento dos representantes nos órganos colexiados, José Luís García representará ao Concello de Brión na Xunta de Goberno da Mancomunidade Serra do Barbanza, na Mancomunidade de Santiago e no Consorcio Galego de Benestar. Pola súa banda, Sandi Cebral asumirá a representación do Concello de Brión nos Consellos Escolares do CEIP de Pedrouzos, o IES Brión e as escolas unitarias da Luaña, Bastavales e Os Ánxeles.

A concelleira Iolanda Bouzas e Victoria Varela, xefa do Departamento de Servizos Sociais, serán as representantes no Fondo Galego para a Solidariedade. Así mesmo, o propio José Luís García, Carlos Noya Pereira, 1 representante do PP e outro do BNG asumirán a representación do Concello de Brión na asemblea da Mancomunidade Serra do Barbanza.

Finalmente, o pleno aprobou a súa primeira medida, pendente por mor das eleccións: a actualización da taxa de saneamento que se incrementa no 85% do IPC interanual de abril de 2018 a 2019, é dicir, un 1,28%. Un acordo que será exposto ao público durante 30 días.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies