Denuncian o peche dunha escola unitaria en Brión

0

Brión, 20 de xullo do 2020 – Os pais da Escola Infantil da Luaña en Brión denuncian o peche pola Consellería pese a ser unha oportunidade de ter controlada a pandemia.

Os país de Brión explican que ao pasar de 6 a 5 nenos tiñan asumido que, no vindeiro curso, non se cumpriría a ratio esixida pola Consellería. Coa aparición do Covid 19 todo mudo e o escenario para o vindeiro curso era unha incerteza. O pasado 3 de xullo solicitaron unha reunión co inspector de educación coa intención de pedir un receso do peche por medidas excepcionais. O inspector informou de que polo momento as ordes que tiñan era a de paralizar calquera supresión e continuar coas matrículas. En calquera caso os pais, aconsellados polo inspector, presentaron un escrito solicitando o receso que aínda non foi respondido.

A mestra da escola recibiu o día 15 a comunicación da supresión da súa praza na unitaria aínda que na páxina da Consellería o peche non está publicado. Os país opinan que lendo as instrucións da Consellería de cara ao vindeiro curso non se entende o peche xa que a escola “é a definición de aula-burbulla, que compre todos os requisitos sanitarios e que se obrigue os seus nenos a engrosar as xa masificadas aulas do CEIP de Pedrouzos, amén do comedor e dos autobuses, coa excusa de que só son 5 nenos”.

Os pais presentaron tamén unha queixa ante o Valedor do Pobo xa que “entendemos que se vulneran os dereitos dos nenos o poñer en risco deliberadamente a súa saúde”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial