Brión rebaixa a taxa de saneamento e a gratuidade do segundo fillo e posteriores na gardería

0

Brión, 18 de xuño do 2020 –  Brión celebrou a primeira sesión ordinaria presencial tras a crise do Covid19, un pleno que aprobou todos os puntos por unanimidade.

A sesión comezou en Brión cunha explicación do alcalde sobre o lume producido no arquivo municipal. José Luís García aproveitou para destacar a labor do GES que evitou males maiores “Tivemos moita sorte porque saltou a alarma interior, non a de fóra, pero como había unha persoa aínda traballando puido descubrir o lume”, explicou o alcalde.

Brión rebaixa a taxa de saneamento e a gratuidade do segundo fillo e posteriores na garderíaRebaixa de tasas

No que atinxe á sesión plenaria, aprobouse unha minoración do 0,6% das taxas de saneamento e depuración, que se corresponde co 85% do IPC interanual (abril 2019-abril 2020). Así mesmo, actualizáronse nun 0,4% as taxas pola escola infantil municipal (de acordo co IPC interanual de xuño 2019-xuño 2020) e se estableceron bonificacións do 100%, a gratuidade,  para os segundos e posteriores fillos/as das familias.

Plan Económico Financeiro

O Pleno aprobou tamén o Plan Económico Financeiro do Concello de Brión para os anos 2020 e 2021. José Luís García explicou que “en 2019 superamos a Regra de Gasto en 350.000 euros, debido a que foi unha partida que non se gastara en 2018 e a que executamos o 96% do orzamento de 2019”. Por iso, indicou que “o Plan non recolle subidas de impostos nin nada semellante. Dito doutra maneira, recolle que prometemos ser bos e cumprir a regra de gasto, cando o que se debería facer é facerlle caso á Federación Española de Municipios e Provincias e deixar aos Concellos gastar os cartos que temos no remanente e crear riqueza naqueles concellos que podemos facelo”. No caso de Brión, o remanente de Tesourería para Gastos Xerais ascende a 4.615.000 euros.

Dende o BNG entenderon a obriga de facer o Plan Económico Financeiro e “esperamos que politicamente se tomen as decisións necesarias para que cartos que son nosos, do remanente, poidamos dispoñer deles”, apuntou Xosé Luís Penas.

POS Adicional

O Pleno tamén aprobou o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, elaborado polo SEAGA e despois de que a Xunta de Galicia recomendara rexeitar a alegación presentada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia. Así mesmo, deuse conta no pleno de que o período medio de pago no primeiro trimestre foi de 17,19 días.

Finalmente, Brión ratificou a participación do Concello no POS Adicional da Deputación da Coruña. Así, os 39.772,46 euros do POS+ Adicional 1/2020 se destinaron a gastos sociais extraordinarios motivados pola Covid-19 (case o 50% para o reforzo do servizo de atención no fogar). Pola súa banda, dos 149.146,74 euros do POS+ Adicional 2/2020, un total de 146.774,9 euros serán destinados ao mantemento e mellora das redes de abastecemento e saneamento de Chave da Ponte, rúa Gondar, Cabanas-Saíme, Bastavaliños, Soutullos e Bemil; mentres que os 2.371,84 euros restantes destinaranse a gasto corrente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial