Chega a Brión a Santa Minia 2018

0

Brión, 17 de setembro do 2018 – É unha das romarías máis importantes do ano e a que marca o fin do verán, ou o comezo do outono, na bisbarra. A Santa Minia 2018 chega do 26 ao 28 de este mes.

A pequena Santa Minia foi martirizada nas catacumbas cando tiña 15 anos e desde o ano 1848 e venerada en Brión. Cada ano miles de fieis achéganse a Pedrouzos a renderlle culto pero tamén a tomar o polbo, bailar e disfrutar dunhas das mellores festas da contorna. Si o ano pasado Roi Casal era a punta de lanza dun programa moi completo, este ano tómalle o relevo Xabíer Díaz e Adufeiras do Salitre quen ademais é veciño. Pero non será o único, aquí tedes o programa por días

  • 13:30 hrs.
    Charanga Mekánika
    17:30 hrs.
    Culturactiva SCQ: “Saaabor!”
    espectáculo familiar: comedia, teatro de rúa
    19:00 hrs.
    Xoldra de Rois
    21:00 hrs.
    Charanga Mekánika
    22:30 hrs.
    Orquestras
    Capitol
    Finisterre
    00:00 hrs.
    Fogos de artificio e queima da fachada
  • 10:00 hrs.
    Charanga os Celtas
    12:00 hrs.
    Os Viqueiras de Ordes
    14:30 hrs.
    Sesión vermú coa orquestra Costa dorada
    16:00 hrs.
    Grupo feminino de ventos e percusión
    Brassica rapa
    17:30 hrs.
    Dani García: “código” – espectáculo familiar de maxia
    18:30 hrs.
    Agrupación folclórica de Brión na praza do concello
    20:00 hrs.
    Orquestras Costa Dorada e América
  • 13:00 hrs.
    Os Xirifeiros de Carril
    17:30 hrs.
    Circo Chosco: ”riscando o ceo” – espectáculo familiar de maxia e clown
    20:30 hrs.
    Faíscas da Pontraga
    22:30 hrs.

    Concerto Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre

    Xabier Díaz (berrogueto, nova galega de danza, a cada canto) xunto coas Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas e cantoras de música popular, presentarán en Brión o seu último traballo “Noró”. Este disco é un retrato do seu día a día, das últimas viaxes, unha celebración do equilibrio da república adufeira. É a banda sonora do norte que ten marcado a súa vida, que a ten enchido de tradición e de son, e que o orienta cara camiños insospeitados por explorar.

  • 13:00 hrs.
    A Gaita de Sarandón cos Requinteiros da Ulla
    17:30 hrs.
    Pulpiño Viascón: ”musicleta” – espectáculo familiar de home orquestra
  • 12:00 hrs.
    Os Castros de Ames
    17:00 hrs.
    Festival de Bandas de música Populares – Carballeira de Santa Minia
    Banda da escola de música de Rianxo
    Banda de música municipal de Brión

Festival Monecadas e Feira Labrega

Non son as únicas actividades do mes en Brión. A Santa Minia compleméntase co festival de títeres Monecadas que terá a seguinte programación

Venres 21

18:00 hrs. | obradoiro de monicreques con Títeres Cachirulo

19:30 hrs. | Viravolta Títeres: “O galo Quirico e os seus amigos”

Sábado 22

13:00 hrs. | Títeres Cachirulo: “A cabeza do dragón”

Domingo 23

19:30 hrs. | Fantoches Baj: “tío miseria”

E por si non chegara todo isto, este ano o concello organiza a primeira Feira Labrega Daqui Darredor. O sábado 29 na Carballeira de Santa Minia desde as 11 da mañá ata as sete da tarde. O alcalde, José Luís García, explica que “a Feira Labrega servirá para presentar á veciñanza a iniciativa Daquí Darredor, uns espazos colaborativos de transformación de alimentos caseiros que promovemos dende o Concello en colaboración coa Deputación da Coruña e o GDR Terras de Compostela. O proxecto está agora nunha fase crucial: aquela na que os participantes deben decidir que tipo de colaboración queren facer, que maquinaria lles fai falta e que formación precisan, polo que agardamos que moitos dos que se acheguen pola Feira Labrega se sumen a este proxecto pioneiro para poñer en valor os nosos produtos locais”.  Pola súa banda unha das responsables directas do proxecto, Carmen Freire, di que “Teremos postos de produtos agrícolas e artesáns, así como actividades paralelas, música, catas, obradoiros para a rapazada, mostra de artesáns…, queremos recuperar as feiras como espazos públicos nos que se relacionan os produtores e os consumidores, coñecer á persoa que produce os alimentos. Porque recuperar estas relacións é algo fundamental para esta iniciativa”.

En definitiva a Santa Minia crece cada ano en actividades e, a maiores dos tres días de festa, vai cubrindo un mes de setembro moi especial no concello de Brión e na bisbarra.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial