Nace o  Club Atletismo Brión

0

Brión, 9 de marzo do 2020 – O pasado venres tivo lugar a presentación en sociedade do Club Atletismo Brión Hyupersa Santiago       que nace xa con máis de 50 socios.

Nace o  Club Atletismo BriónA posta de largo do Club Atletismo Brión estivo presidida pola concelleira de Deportes de Brión, Sandy Cebral, e o presidente do club, José Antonio Vidal González, que estiveron acompañados por Xabier Rico, asesor da Secretaría Xeral para o Deporte; e Iván Sanmartín, delegado da Federación Galega de Atletismo. Un acto ao que tamén asistiron o alcalde de Brión, José Luís García, e gran parte da corporación municipal, ata sumar preto dun cento de persoas.

Sandy Cebral agradeceu o convite do Club Atletismo Brión e ofreceu a colaboración do Concello “tivestes o apoio total do Concello dende o primeiro momento, como acontece con todos os deportes, e en todo o que poidamos axudar aí estaremos”. Colaboración que tamén ofreceu Xabier Rico dende a Secretaría Xeral para o Deporte, convidando ao club a participar o ano que vén no programa Xogade pois “hai que apostar polo deporte de base, falar cos colexios para que os nenos e nenas teñan unha oferta de deporte san”.

Nace o  Club Atletismo BriónUn punto no que coincidiu Iván Sanmartín, para quen “os nenos son o futuro do equipo e sempre unen”. Un desafío que recolleu o presidente do Club Atletismo Brión – Hyupersa Santiago, quen explicou que este equipo “é sobre todo uns amigos que decidimos formar isto. Puxéronme de presidente pero calquera deles podería ter sido o presidente”. José Antonio Vidal agradeceu o apoio do Concello de Brión e a todos os colaboradores do club, empezando co patrocinador principal, Hyupersa Santiago, e seguindo por todos os patrocinadores: Be One Brión, Federópticos, Adrián García Abogados, Gasolineira Los Ángeles Gas, Fisio Macía e Oxypro.

“Temos campións galegos como Brais Otero, Dani Paz, Miguel Penedo… Un grupiño de xente nova. E isto vai medrar cada día máis, ata que non deamos máis”, adiantou José Antonio Vidal González.

Breve historia

Nace o  Club Atletismo BriónO Club Atletismo Brión – Hyupersa Santiago constituíuse oficialmente o pasado 5 de novembro de 2019 no mesmo lugar que hoxe acolleu a súa presentación oficial: a Casa de Cultura de Brión. En decembro conseguiron o apoio de Hyundai Hyupersa Santiago como patrocinador principal durante as 3 vindeiras campañas e nese mesmo mes comezaron a competir na carreira popular de Touro, onde Dani Paz conseguía o primeiro podio na historia do Club ao rematar na terceira posición da xeral.

Dende entón, non deixaron de competir. Se ben comezaron en branco, sen ningún premio na Sin-Son 10k de Porto do Son, pronto cambiaría o panorama cun pleno na Carreira do Turrón de Negreira, conseguindo o primeiro, segundo e terceiro postos por Julio Mallo Nieto, José Antonio Vidal González e Efrén Vieites Capelo. Así mesmo, remataron 2019 cun cuarto posto na San Silvestre de Padrón.

E 2020 é xa un sumatorio de triunfos para o club: terceiro posto para Dani Paz na Carreira Solidaria de Vedra e vitoria para a rapaza Ana Vidal na categoría benxamín; terceiro posto por clubs na Carreira Popular de Pontecesures, onde Miguel Penedo e Julio Mallo remataron tamén 1º e 2º na categoría Máster A; terceiro posto por equipos na X Carreira do Cocido de Lalín, con dous novos podios para Juan Jesús Barral (1º Master B) e Ana Vidal (3º benxamín); 5º clasificado por equipos na Padrón 10K; e vitorias para Carla Iglesias (Sub 10) e Ana Vidal (Sub 12) na V Carreira do Entroido de Trazo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial