Brión convoca un curso de primeiros auxilios con rapaces pequenos e bebés

0

Brión, 14 de novembro do 2017 – Brión organiza un curso de primeiros auxilios con especial atención ás actuacións con rapaces pequenos e bebés.

primeiros auxiliosO taller de primeiros auxilios terá lugar o sábado 2 de decembro na Casa da Cultura. Un curso formativo de 8 horas que se desenvolverá en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, e de tarde, de 16:00 a 20:00 horas. O curso ten un custe de 25 euros e será preciso reunir un grupo mínimo de 10 persoas para a súa celebración.

O obxectivo principal deste curso é darlle ao alumnado os coñecementos elementais para poder ofrecer unha axuda eficaz aos bebés e nenos que sufriran unha situación de emerxencia, sexa por accidente ou enfermidade. Trátase de que poidan afrontar eses decisivos primeiros minutos coa máxima seguridade, polo que aprenderán a identificar e resolver situacións de urxencia vital, coñecerán métodos para previr accidentes e saberán aplicar as técnicas máis axeitadas nos primeiros auxilios a bebés e nenos.

As inscricións poden realizarse na Casa da Cultura de Brión, chamando ao teléfono 981 50 99 08 ou a través do e-mail voluntariado@briondixital.org. O prazo de inscrición remata o próximo 25 de novembro.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies