Brión confirma a solución dos problemas da traída de auga municipal

0

Brión, 29 de Nadal do 2017 – O Concello de Brión confirma a solución dos problemas acontecidos na planta potabilizadora de Ames detectados o pasado venres 22 de decembro e que provocaron que durante os últimos seis días a auga da traída municipal brionesa se amosara turbia e con maior viscosidade.

O alcalde de Brión, José Luís García, quere enviar “unha mensaxe tranquilizadora a todos os veciños e veciñas pois o problema está totalmente solucionado e tanto a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia como a empresa concesionaria do servizo de abastecemento de auga, Espina y Delfín, confirman que a auga volveu xa aos seus parámetros habituais e que todas as análises realizadas corroboran que a auga é e foi totalmente potable durante todos estes días”.

Orixe do problema

A incidencia detectouse o pasado venres 22 de xaneiro. Numerosos veciños deron aviso sobre a calidade da auga subministrada pola traída municipal nalgunhas zonas do municipio. Ante esta situación, o Concello de Brión comunicou a incidencia á empresa concesionaria do servizo, Espina y Delfín, que confirmou que o venres 22 tivo lugar un problema na planta potabilizadora de Ames-Brión. Este problema foi o que causou que a auga se mostrara turbia e cun claro aumento da súa viscosidade.

A elevada turbidez da auga na captación obrigou a poñer en marcha o tratamento de potabilización na ETAP de Ames- Brión, mediante o emprego dos reactivos correspondentes. O aumento da viscosidade da auga debeuse á suma do aluminio endóxeno presente na auga bruta, incrementado polas precipitacións, xunto co policloruro de aluminio engadido para o seu tratamento.

A empresa concesionaria realizou un exhaustivo análise da auga onde todos os parámetros estaban dentro dos rangos correctos excepto o valor paramétido de aluminio, que estaba en 530 vg/L cando o recomendado é 200 vg/L, pero moi por debaixo do valor de aptitude da auga, que é de 1.000 vg/L. Isto significa que, aínda que o aspecto da auga non era o ideal, era totalmente potable e apta para o seu consumo.

Solución

Ante esta situación e na procura de mellorar a calidade auga subministrada, procedeuse a cambiar a orixe da auga pola traída dende O Milladoiro. “A maiores realizouse un mantemento preventivo extraordinario do depósito, procedendo ao seu baleirado, desincrustado e limpeza. Tamén se realizou un sangrado de toda a rede de saneamento para eliminar calquera resto de turbidez e viscosidade”, explica José Luís García.

Unha vez solucionado o problema na ETAP realizáronse novas análises da auga que reflicten que os parámetros de aluminio xa están situados por debaixo dos valores paramétricos recomendables. A última análise, realizada hoxe mesmo, certifica que o valor paramétido de aluminio no depósito de Brión é de 164yp/L (por debaixo dos 200 vg/L do valor paramétrico recomendado).

Novas analíticas

“A maiores e a prol de garantir unha maior seguridade para os nosos veciños e veciñas, dende o Concello demos aviso deste episodio á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, que nos confirmou que os datos da concesionaria son correctos e que a auga foi e é totalmente potable”, explica José Luís García, quen indica que “como medida extraordinaria decidimos tamén encargar unha análise de auga a un laboratorio totalmente independente que, unha vez máis, confirmou que os datos son correctos e que, a pesar do seu mal aspecto que presentaba a auga sempre estivo dentro dos parámetros normais para o seu consumo”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies