займ срочно

Brión comeza a recoller aceite de cociña usado

0

Brión, 12 de abril do 2017 – O Concello de Brión vén de poñer en marcha un servizo de recollida de aceite de cociña de usado coa instalación de seis contedores.

Estes contedores únense ao que xa existía nas instalacións de Protección Civil, que seguirá en funcionamento para dar servizo aos veciños de Lamiño e Brión.

Estes depósitos están situados fronte ao Hotel Balneario Compostela (para os veciños do Tremo, Alqueidón e Os Ánxeles), no cruce dos Ánxeles (para dar servizo ás urbanizacións), no cruce de Gundín (Os Ánxeles e Boullón), preto da Escola Unitaria de Sabaxáns (Bastavales), no cruce de Vilar (Ons e Viceso) e fronte á taberna da Luaña (Luaña e Cornanda).

A primeira tenente de alcalde de Brión, Yolanda Bouzas Alfonsín, explica que estes primeiros seis contedores “son unha primeira proba para ver como responden os veciños ante este novo servizo” e adianta que “se hai moita demanda doutras aldeas ou parroquias, o Concello podería aumentar o número de contedores”. Como responsable da xestión do servizo, que prestará a empresa Procesadora Gallega de Alimentos SL durante os próximos dous anos, Yolanda Bouzas apunta que “para unha maior hixiene e para facilitar a reciclaxe, nos contedores poderase tirar o aceite co seu envase, e non só o aceite”.

O aceite usado de cociña é un residuos ao que apenas se lle presta atención pero que, na práctica, está considerado como o máis contaminante de todos os que xeramos nos nosos fogares.

Desfacerse do aceite de cociña a través do desaugue da cociña ou do baño pode producir un triplo dano: obstrúe as canerías da vivenda, causa avarías nas depuradoras (encarecendo ao Concello o tratamento das augas residuais, o que finalmente repercute en cada veciño) e é altamente contaminante para o medio ambiente. Ademais, o Concello de Brión mantén o servizo de recollida de aceite usado de vehículos e maquinaria nas instalacións de Protección Civil.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies