займ срочно

Brión organiza unha campaña de recollida de alimentos

0

Brión, 12 de xuño do 2020 –  O Concello de Brión organiza a próxima semana unha campaña especial de “Brión solidario” para recoller alimentos que axuden a loitar contra os efectos da COVID-19.

A recollida de alimentos terá lugar entre o 15 e o 21 de xuño. As persoas interesadas en participar poderán doar produtos non perecedoiros, de hixiene e artigos para bebé no supermercado Froiz de Montebalado.

O alcalde de Brión, José Luís García, aproveita tamén para agradecer “a gran colaboración da veciñanza de Brión, que durante o confinamento seguiron facendo achegas para o Banco Municipal de Alimentos, así como a todas as persoas que participaron tanto na recollida a domicilio como na súa posterior entrega ás familias.

Rede local de solidaridade

“Brión solidario” é unha iniciativa posta en marcha polos Servizos Sociais de Brión en 2011 como campaña de recollida de alimentos polo Nadal. Posteriormente, esta campaña puntual deu pé á creación dunha rede solidaria, tamén denominada “Brión solidario”, pero que está operativa durante todo o ano.

Brión organiza unha campaña de recollida de alimentosAs persoas que desexan participar nesta Rede só teñen que inscribirse nos Servizos Sociais e deixar un mail de contacto. A este e-mail envíanse de xeito periódico mensaxes sobre as necesidades concretas detectadas, mencionando que artigo se precisa e en que prazo é necesario cubrir esa necesidade. Se un veciño ou veciña dispón dese artigo e desexa doalo, só ten que contactar cos Servizos Sociais para que llo recolla. Desta forma mantense o anonimato entre doador e persoa beneficiaria (que en ningún momento están en contacto) e, ao coordinarse todo dende Servizos Sociais, garántese que a necesidade exposta é real.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies