Terras de Compostela aproba máis dun millón de euros en axudas no medio rural

0

Brión, 23 de xullo do 2019 – A Asociación de  Desenvolvemento Rural Terras de Compostela reuniu no salón de plenos do concello de Brión á súa xunta directiva baixo a presidencia do alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo.

A reunión do GDR Terras de Compostela contou coa presenza dos socios da entidade:  Aproca Noroeste,  AAVV San Pedro de Doas,  ADTerra,  AAVV Santa Cruz de Ribadulla, Fundación Down Compostela, Cogami, Asociación de Empresarios de Santa Comba, Asociación Dubresa de Empresarios, ademais dos concellos de Vedra, Teo, Santa Comba, A Baña, Boqueixón, Negreira, Val do Dubra, Ames e Brión.

A presidencia de Terras de CompostelaO obxectivo da reunión era a aprobación da selección e asignación de fondos tras a publicación da 3º convocatoria da Medida Leader (axudas a investimentos no rural). En canto aos proxectos de tipo produtivo elixíronse os seguintes: Cabanas o Camiño,  Complexo turístico rural San Pedro de Doas, Instalación de tratamento térmico de cortiza de piñeiro en Vista Xardín SL, comezo dunha nova actividade de intermediación no comercio de materias primas e oficinas de colaboración agraria,  Sense: saúde e rendemento, modernización e ampliación na  Panadería Bembibre e un novo proxecto de produción de mangos de madeira.

Asociación de  Desenvolvemento Rural Terras de CompostelaDoutra banda aprobouse, no capítulo de proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas, a construción dunha vivenda de emerxencia e o acondicionamento da contorna en  Portodemouro, no concello de Val do Dubra.

Os orzamentos aceptados para todas estas iniciativas superan os dous millóns trescentos mil euros e as axudas asignadas o millón corenta e dous mil euros.

O   GDR Terras de Compostela

O   GDR Terras de Compostela constituíuse en 2008 coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos interesados en promover o desenvolvemento do medio rural. O Grupo traballa no territorio formado polos concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago, Teo, Val do Dubra, Vedra, A Baña, Negreira e Santa Comba.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial